Pestanas principais

Preto de 200 persoas participaron na proba de reivindicación feminista “Moitos camiños, mesma meta”

Luns, 20 de marzo de 2023

O Concello de Ames, a través da Concellaría da Igualdade e Promoción da Saúde, organizou o pasado venres, 17 de marzo, a terceira edición da carreira de obstáculos “Moitos camiños, mesma meta”. A proba, que se desenvolveu no parque verde central do Milladoiro, contou con arredor de 200 participantes. Esta actividade enmárcase dentro da programación do 8M que está desenvolvendo ao longo de todo o mes de marzo.

A terceira edición da carreira de obstáculos “Moitos camiños, mesma meta” desenvolveuse nun ambiente festivo e moi familiar. Foron case 200 os participantes que se achegaron ao parque verde central, situado no Milladoiro, para participar na iniciativa, organizada polo departamento de Igualdade con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, que tivo lugar o pasado 8 de marzo.

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Promoción da Saúde, Luísa Feijóo, destacou a boa acollida que tivo novamente a proba a pesar das previsións metereolóxicas. “Trátase dunha actividade moi especial na que as persoas participantes percorreron uns 1.500 metros e se enfrontaron a máis de 12 obstáculos, cada un deles cunha mensaxe que reflicte os atrancos aos que se enfrontan as mulleres no seu día a día. O obxectivo desta actividade é invitar á reflexión e á conversa en familia sobre os obstáculos que enfrontamos”, sinalou.

Nesta proba participaron numerosas familias de Ames que superaron de forma conxunta os diferentes obstáculos instalados no circuíto. Tamén estiveron presentes a propia concelleira de Igualdade, Luísa Feijóo, e Oliva Agra e Belén Castro, do grupo popular municipal.

O percorrido tivo unha distancia de 1.500 metros e contou con máis de 12 obstáculos de baixa dificultade para superar. Deste xeito, houbo zonas para reptar polo chan, pirámides, rodas, equilibrios, muros verticais, tubos, etc. Así mesmo, ao longo do recorrido dispuxéronse diversas mensaxes para visibilizar os atrancos e as dificultades que teñen que superar as mulleres na súa vida diaria: empoderamento, teito de cristal, igualdade de oportunidades, corresponsabilidade, mesmos dereitos, etc. Todos e todas as presentes foron agasallados cunha camiseta e unha medalla.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Familias sin miedo a la lluvia superaron en Milladoiro los obstáculos contra la mujer"

Participantes da carreira "Moitos camiños, mesma meta"

Multimedia

  • Preto de 200 persoas participaron na proba de reivindicación feminista “Moitos camiños, mesma meta”