Pestanas principais

Preto de 2.000 rapaces e rapazas participaron na clausura das escolas deportivas municipais

Luns, 03 de xuño de 2024

O pasado sábado 1 de xuño, as áreas deportivas de Bertamiráns e do Milladoiro acolleron a xornada de clausura do curso 2023-2024 das escolas deportivas municipais. Pola mañá tivo lugar o XIII Encontro de patinaxe artística, mentres que as demais escolas deportivas fixeron as súas exhibicións en horario de tarde.  Ao longo de toda a xornada, o alumnado puido amosar o aprendido ao longo destes meses nun ambiente festivo e familiar. A xornada foi organizada polo departamento municipal de Deportes en colaboración con ServiPlus. Premendo nesta ligazón pódese acceder á galería de imaxes do evento.

Neste curso 2023-2024, as escolas deportivas contaron coa participación dun total de 1.685 persoas, que acudiron a algunha das 21 actividades que se ofrecen dende o departamento de Deportes.

Así, nos cursos de adestramento funcional houbo un total de 36 participantes, en aerozumba 134, en baile moderno 20, e en ballet 8. Por outro lado, nas clases de baloncesto inscribíronse 146 persoas, mentres que en fútbol sala feminino foron 34 inscritas, e en fútbol sala mixto 71. Na actividade de GAP-Aerocombat participaron 40 persoas, en ioga 108, e en judo 70. No deporte de natación anotáronse 24 persoas, en patinaxe 195 e en pilates 322. Tamén se ofreceu predeporte, no que participaron 41 persoas; spinning, abdominais e glúteos, con 125 inscritos; squash, con 12; tenis, con 78, e voleibol, con 41.  Na actividade de xadrez participaron un total de 36 persoas, en ximnasia de mantemento 77, e en ximnasia rítmica 67.

Xornada de mañá
O pavillón municipal de Bertamiráns acolleu durante a mañá do sábado o XIII Encontro de patinaxe artística das escolas deportivas municipais do Concello de Ames, un evento deportivo no que participaron as rapazas e rapaces das escolas de patinaxe artística do concello. Ao longo da mañá realizaron diversas coreografías grupais nas que interpretaron diferentes ideas e amosaron ao público o aprendido ao longo do curso 2023 – 2024.

O encontro comezou ás 11:10 horas coas dúas primeiras exhibicións dos clubs de patinaxe de Ames: o CPA Omega, cun espectáculo de Antía Ramos, da categoría cadete amateur; e o CP Sarela, que contou coa actuación individual de Uxía Aniceto, da categoría rexional benxamín.

A continuación foi a quenda dos grupos de iniciación, que incluiu a actuación de catro conxuntos: o grupo de Barouta, con “O lago dos cisnes”; os grupos 1 e 4 de Bertamiráns, con “Carapuchiña Vermella” e “A banda das bandidas”, respectivamente; e os grupo 0 do Milladoiro, con “Unha historia memorable: César contra os galos”.

Posteriormente houbo outras dúas exhibicións individuais: a de Lucía País, do CPA Omega, da categoría rexional infantil; e a de María Peña, do CP Sarela, da categoría nacional sénior.

Xa ás 12:10h tivo lugar a exhibición dos grupos intermedios: os grupo 2 e 3 de Bertamiráns, con “Construtoras históricas” e “Sororidade”, respectivamente; e os grupos 1 e 2 do Milladoiro con “Lograrán perpetrar o roubo?” e “África Masái”, respectivamente.
Pecharon o evento Thalía Rama, do CPA Omega (categoría nacional cadete); e o cuarteto Kalahari, do CP Sarela (cuarteto nacional). Finalmente, celebrouse unha entrega de medallas e diplomas ás patinadoras e patinadores participantes no encontro.

Xornada de tarde
Este ano, a festa de clausura das escolas deportivascelebrouse na área deportiva do Milladoiro. No pavillón deportivo houbo actividades en dúas zonas diferentes: na pista e no anexo do pavillón. Por outra banda, houbo tamén unha exhibición na pista exterior do IES do Milladoiro.

As actividades comezaron ás 16:30 horas, na pista do pavillón, coa exhibición de ballet, que rematou ás 16:40. A esa mesma hora arrincaron os rapaces e rapazas de baile moderno, e a súa mostra finalizou arredor das 16:50 horas. A mostra de judo desenvolveuse entre as 16:50 e as 17:10 horas. Pechou a primeira metade da tarde o alumnado de ximnasia rítmica.

Xa na segunda metade da tarde, tiveron lugar as clausuras de fútbol sala e baloncesto. As nenas de fútbol sala feminino amosaron o aprendido a partir das 17:30 e a ata as 17:45 horas. Os seguintes foron a rapazada de fútbol sala do Milladoiro, ás 17:45, e a de fútbol sala de Bertamiráns, ás 18:00 horas. Polo seu lado, o alumnado de baloncesto realizou unha exhibición a partir das 18:15 e ata as 19:30 horas.

Paralelamente, no anexo do pavillón do Milladoiro desenvolveuse unha partida de xadrez, que comezou ás 17:30 horas. Para rematar, houbo tenis ata as 18:15 na pista exterior do IES do Milladoiro.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Dous mil rapaces e rapazas participaron na clausura das escolas deportivas de Ames"

Preto de 2.000 rapaces e rapazas participaron na clausura das escolas deportivas municipais

Multimedia

  • Preto de 2.000 rapaces e rapazas participaron na clausura das escolas deportivas municipais