Pestanas principais

Preto de 60 alumnos e alumnas da EMMA participarán en catro audicións previas ao festival de Entroido

Venres, 11 de febreiro de 2022

O alumnado da Escola Municipal de Música de Ames celebra do martes 15 ao xoves 24 de febreiro catro audicións previas ao seu festival de Entroido, que terá lugar o día 25. A meirande parte dos alumnos e alumnas de saxofón, percusión, guitarra e canto moderno demostrarán a familiares, amizades e compañeiras o aprendido nas clases, xa que unha parte deles non poderá participar no festival. As audicións terán lugar no corredor de central da EMMA en horario de tarde, a partir das 18:00 horas.

A Escola Municipal de Música de Ames prepara o seu festival de Entroido con catro audicións previas para que todo o alumnado do centro poida mostrar os seus avances. “Lamentablemente no festival non poderán participar todos os alumnos e alumnas da EMMA”, sinalou a directora da escola, Pilar Martínez, que recordou que “as audicións, a través da práctica musical colectiva, son a principal ferramenta de motivación do alumnado”.

As audicións desenvolveranse na propia Escola Municipal de Música de Ames, no seu corredor central, e sempre en horario de tarde, a partir das 18:00 horas. Os alumnos e alumnas interpretarán cancións de diferentes estilos musicais ante familiares, amizades e compañeiros e compañeiras.

O alumnado de saxofón será o encargado de estrear as audicións, o martes 15 de febreiro, ás 19:00 horas. Xa na seguinte semana, o luns 21 ás 18:30 horas será a quenda do grupo de percusión.

Pola súa banda, nas dúas xornadas previas á celebración do festival de Entroido terán lugar as dúas audicións restantes. A do alumnado de guitarra será o mércores 23, mentres que a de canto moderno celebrarase o xoves 24, ambas ás 18:00 horas.

Novas relacionadas

La Voz de Galicia: "Alumnado de la Escola Municipal de Música de Ames participará en cuatro audiciones"

Alumnado da EMMA, nunha imaxe de arquivo de maio de 2019

Multimedia

  • Preto de 60 alumnos e alumnas da EMMA participarán en catro audicións previas ao festival de Entroido
  • Alumnado da EMMA, nunha imaxe de arquivo de maio de 2019