Pestanas principais

Proceso selectivo para a contratación laboral temporal por obra ou servizo determinado dun/dunha profesora da Escola Municipal de Música de Ames

Venres, 09 de setembro de 2011

[09-09-2011] O departamento de persoal do Concello de Ames fai público o anuncio e as bases da convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal por obra ou servizo determinado dun/dunha profesora da Escola Municipal de Música de Ames. Os/as interesados/as poderán presentar as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello. O prazo de presentación de instancias remata o vindeiro 17 de setembro de 2011. O modelo de solicitude, os requisitos e o contido íntegro das bases, poderán acadarse e consultarse polos/as interesados/as na oficina do Servizo de Recursos Humanos do Concello de Ames e premendo nas ligazóns que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas.