Pestanas principais

As profesións do futuro protagonizan a Feira das Profesións que se celebrou hoxe no IES do Milladoiro

Luns, 18 de marzo de 2024

A Feira das Profesións converteu hoxe ao IES do Milladoiro nun escaparate dos estudos e profesións na época da Intelixencia Artificial. Máis de 300 alumnos e alumnas de terceiro e cuarto da ESO e primeiro e segundo de Bacharelato puideron coñecer os requisitos para acceder á Universidade, á FP, á Policía Local, a Garda Civil ao Exército, como montar unha empresa ou prepararse para ser biomédico. Máis de 50 especialistas informaron e orientaron ao alumnado sobre estudos e saídas profesionais.

A concelleira de Planificación e Xestión Educativa, Carmen Porto, achegouse esta mañá ata o instituto do Milladoiro para participar na Feira das Profesións, organizada por dito centro educativo. Carmen Porto acompañou á directora xeral de FP, Eugenia Pérez, na visita que realizou esta mañá polos diversos stands de dita feira. No percorrido tanto a directora xeral como a concelleira estiveron acompañados do director do centro, Jose Luis Capón, e de Sonia Magariños e Begoña Díaz, do equipo directivo do instituto.

Ao longo de toda a  mañá no recinto do instituto, o alumnado recibiu axuda por parte dos especialistas de cada eido para descubrir a súa vocación profesional mediante a experimentación de diferentes oficios e profesións.

A Feira das Profesións que se celebrou no IES do Milladoiro estivo marcada polos cambios provocados e previstos para os próximos anos coa introdución da Intelixencia Artificial no eido profesional. Entre as entidades que participaron estiveron as tres universidades galegas, universidades privadas e centros de ensino oficial.

Ademais, o IES Milladoiro  incrementou o número de entidades participantes noutras edicións coa presenza, entre outras, da Universidade de Navarra, a Intercontinental da Empresa, a Escola de Traballo Social ou a Escola de Imaxe e Son de Vigo, así como outro habituais como a Academia Galega de Seguridade ou a Garda Civil; en total contouse coa presencia de 31 entidades.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Cincuenta expertos orientan al alumnado de la mayor urbe maiana en su futuro laboral"

Imaxe da Feira das Profesións que se celebrou hoxe no IES do Milladoiro

Multimedia

  • Imaxe da Feira das Profesións que se celebrou hoxe no IES do Milladoiro