Pestanas principais

A programación de inverno da Aula da Natureza comeza cunha xornada de iniciación á cestería de colmo

Xoves, 11 de febreiro de 2016

[11-02-2016] Entre os meses de febreiro e marzo a Aula de Natureza ofrece aos amesás e amesáns a posibilidade de participar nos catro cursos que terán lugar en torno á cestería, a oliva galega, a poda ou a robótica. Cada un destes cursos está composto por distintas actividades, puidendo os e as interesados realizar tanto o bloque enteiro como acudir a algúns dos cursiños, obradoiros ou charlas de forma individualizada. Cada bloque contará cunha introducción teórica seguida dunha parte práctica. Para participar nas actividades é necesaria a inscrición, que se pode realizar tanto de forma telefónica chamando ao 660004665 ou enviando un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

Todas as actividades, agás as dúas saídas que se ofrecen na programación, realizaranse na propia Aula da Natureza, situada na parroquia de Ameixenda.

O primeiro bloque é o de cestería que se desenvolverá ao longo do sábado 13 e a vindeira fin de semana, o sábado 20 e o domingo 21. Para que se poida desenvolver é necesario que se anoten nas actividades un mínimo de 12 persoas, sendo 20 o número máximo de prazas. A primeira actividade é a xornada de iniciación a cestería de colmo, que comeza ás 16:00 e continuará até as 19:30 horas.. A xornada terá a súa continuación o sábado, 20 de febreiro, cunha saída de campo na que se recollerán materiais naturais cesteables. A saída comeza ás 10:30 e remata ás 13:30 horas. Ao longo da tarde dese mesmo día, entre as 16:00 e as 19:30 horas os materiais recollidos empregaranse para comezar a elaboración dos testos, que continuará e rematará o domingo 21. Todo o día do domingo, de 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:30 horas empregarase para retocar e finalizar os cestos.

O colmo, ou palla de centeo, é un material empregado de forma tradicional polos cesteiros e cesteiras en Galicia para a elaboración de cestos practicamente impermeables, resultado de coser o colmo en forma de espeiral con casca de silva.

O segundo bloque de actividades xira en torno á oliva galega, sendo a primeira a charla-coloquio "Recuperación de variedades de oliveiras centenarias acutóctonas de Galicia", dunha hora que comeza ás 19:30, seguida por unha cata de aceites que terá lugar ás 20:30 e na que poderán participar un mínimo de 15 e un máximo de 50 persoas. Finaliza este bloque a Ruta das oliveiras, unha saída que levará aos participantes polos municipios de Padrón, Vedra, A Estrada e Boqueixón. A hora da saída está programa para as 10:30, calculando a hora de chegada en torno ás 14:00 horas.

Os obradoiros de marzo centraranse na robótica e na poda forestal e de froiteiras
Coa chegada da primavera próxima a Aula da Natureza organiza dous cursiños relacionados coa poda. Para que se leven a cabo deberá apuntarse un mínimo de 15 persoas en cada un, sendo 50 o número máximo de prazas ofertadas. O primeiro cursiño , que comeza ás 10:00 horas do sábado 5 de marzo e remata ás 14:00 horas, ofrece consellos básicos de poda de árbores froiteiras. O segundo, á mesma hora que o primeiro, pero na mañá do sábado 12, centrarase na poda forestal.

Pecha a programación de inverno un obradoiro de robótica, dirixida a nenos e nenas de entre 7 e 12 anos, o sábado 29 de marzo. Os participantes poden escoller entre dúas quendas: a primeira de 16:30 a 18:00 horas e a segunda de 18:15 a 19:45 horas.

Contido relacionado


El Correo Gallego:"Los secretos de la robótica y la oliva enxebre llegan al Aula da Natureza"