- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, informa de que queda prohibido estacionar no aparcadoiro da rúa Alcalde Lorenzo, que esta situado detrás do edificio onde están as oficinas de Urbanismo e da Policía Local, en Bertamiráns, debido aos traballos de pintado que se van a realizar esta semana. Dita prohibición estará vixente dende as 23.30 horas deste luns, 15 de marzo, ata as 20.00 horas do 17 de marzo de 2021. O Concello de Ames está desenvolvendo traballos de pintado das zonas de estacionamento municipais. Previamente, xa se pintaron as prazas de estacionamento do aparcadoiro da rúa Pesqueiras, en Bertamiráns, e proximamente vaise pintar o aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro.
Debido ás inclemencias meteorolóxicas e ao paso do tempo é preciso remarcar as liñas das prazas de estacionamento dos aparcadoiros municipais. Deste xeito, este martes 16 e mércores 17 vanse realizar traballos de pintado no aparcadoiro da rúa Alcalde Lorenzo, en Bertamiráns. Dita área de estacionamento está situada detrás do edifico onde están situadas as oficinas municipais do departamento de Urbanismo e da Policía Local.
Debido á execución de ditos traballos queda prohibido estacionar en dito aparcadoiro dende as 23.30 horas deste luns, 15 de marzo, ata as 20.00 horas do 17 de marzo de 2021.
Trátase de traballos de mantemento xa que as liñas das prazas de estacionamento estaban moi gastadas debido ao paso do tempo e as inclemencias meteorolóxicas. Ademais, destes traballos vaise a pintar un paso de peóns na intersección da rúa Alcalde Lorenzo co camiño que dá acceso a dita área de estacionamento.
O Concello de Ames está desenvolvendo traballos de pintado das zonas de estacionamento municipais. Previamente, xa se pintaron as prazas de estacionamento do aparcadoiro da rúa Pesqueiras, (aparcadoiro do Carrefour), en Bertamiráns, e proximamente vaise pintar o aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro.
A través desta actuación que se vai realizar no Milladoiro, ademais de remarcar as liñas das prazas de estacionamento desta área de estacionamento, vaise a pintar unha liña amarela de prohibido estacionar no Paseo da Igualdade (no camiño de acceso ao IES do Milladoiro e diante da entrada das piscinas descubertas municipais) para advertir que non se pode estacionar nesta zona. É necesario deixar libre esta zona para que poidan entrar vehículos de emerxencia se fose necesario.
A concelleira de Mobilidade, Beatriz Martínez, explica que “se trata de traballos de mantemento xa que as liñas das prazas de estacionamento estaban moi gastadas debido ao paso do tempo e as inclemencias meteorolóxicas”.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Cierran dos días el ‘leiraparquin’ de Bertamiráns para repintar plazas"