- Tematica
A nova Comisión de Festas da Madalena vén de reunirse no Concello con Blas García, alcalde de Ames, Ana Paz, concelleira de Promoción Económica e XEA. “El Combo Dominicano” e “Panorama” encabezarán o cartel das festas patronais do Milladoiro.
Por terceiro ano consecutivo O Milladoiro e Bertamiráns celebrarán de forma conxunta as súas festas máis importantes, A Madalena e A Peregrina. De novo, Concello de Ames, Xuntanza de Empresarios de Ames, Asociación Cultural e de Festexos Virxe da Peregrina e a, recentemente creada, Comisión de Festas da Madalena (O Milladoiro), colaboran nos festexos amesáns.
As festas, que arrancarán co inicio do Millarock o próximo 2 de agosto, contarán con “El Combo Dominicano e ”Panorama” como cabezas de cartel no maior núcleo de Ames.
O alcalde, Blas García, resaltou que as festas de Ames son “cultura e tradición, pero tamén repercuten de forma moi positiva no noso comercio local. O Concello de Ames non pode non estar”. O rexedor tamén avisou de que nas próximas semanas desvelarase toda a programación.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Las orquestas Panorama y El Combo Dominicano actuarán en las fiestas de O Milladoiro, en Ames"
El Correo Gallego: "El Combo Dominicano e Panorama encabezan o cartel das festas da Madalena do Milladoiro"