Pestanas principais

Quedan catro días para o remate da Campaña Merc@mes, témolo todo!

Venres, 12 de novembro de 2021

O 15 de novembro remata a segunda fase da campaña das tarxetas-bono Merc@mes, témolo todo! Os donos das tarxetas teñen por diante catro días para facer as súas compras, poden consultar o saldo das súas tarxetas en dametusaldo.com. As persoas que o día 16 non teñan gastado todo o saldo poderán solicitar a devolución do importe non consumido á Xuntanza de empresarios de Ames (XEA). Esta devolución dos cartos non incluirá a parte proporcional do valor subvencionado. A Concellaría de Promoción Económica lembra que non se deben tirar as tarxetas posto que poderán recargarse nas próximas campañas Merc@mes.

Venres, sábado, domingo e luns; quedan catro días para que os posuidores e posuidoras das tarxetas bono fagan as súas compras e esgoten o saldo das tarxetas bono. As persoas que dubiden se esgotaron o seu saldo ou descoñezan cantos cartos lles quedan por gastar poden acceder a dametusaldo.com para coñecer o saldo das súas tarxetas.

O martes 16 de novembro o saldo das tarxetas-bono pasará a 0. As persoas que non esgotaran o valor das tarxetas-bono poderán solicitar a devolución do importe á Xuntanza de empresarios de Ames (XEA). Esta devolución dos cartos non incluirá a parte proporcional do valor subvencionado. Hai que recordar que as tarxeta-bono Reactiva Ames están subvencionadas cunha axuda do 40% do valor da mesma polo Concello de Ames.

A Concellaría de Promoción Económica puxo en circulación nesta segunda fase da campaña Merc@mes 2800 tarxetas. Concretamente vendéronse 1000 tarxetas de 50 euros e 1800 tarxetas de 100 euros, o que supón un total de 230.000 euros dirixidos á promoción do comercio e da hostalaría local. A este importe hai que sumarlle a inversión realizada na primeira fase da campaña, polo que o volume de negocio total da campaña Merc@mes, témolo todo! ascende a 430 mil euros.

A 17 de outubro xa se investiran 145.657 euros no comercio local, cunha media de preto de 200 operacións diarias e un investimento de case catro mil euros ao día.

As 2800 tarxetas da segunda fase da campaña vendéronse nun mes, “as tarxetas Merc@mes tiveron moi boa acollida entre os comerciantes e os consumidores, proba disto é que se venderon rapidamente” comentaba a concelleira de Promoción Económica, Ana Paz. E engadiu “quixera agradecer o esforzo feito dende as tres asociacións empresariais do concello polo seu apoio e colaboración, e o compromiso dos consumidores co comercio Local pois ao facer uso das tarxetas están impulsando o desenvolvemento económico do Concello de Ames".

Novas campañas
A Concellaría de Promoción Económica está traballando para sacar unha nova campaña polo que pide a todas as persoas que posúan unha ou as dúas tarxetas que as conserven para vindeiras campañas.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Tres días para comprar coas tarxetas Merc@mes"

Venres, sábado, domingo e luns; quedan catro días para que os posuidores e posuidoras das tarxetas bono fagan as súas compras e esgoten o saldo das tarxetas bono. As persoas que dubiden se esgotaron o seu saldo ou descoñezan cantos cartos lles quedan por gastar poden acceder a dametusaldo.com para coñecer o saldo das súas tarxetas. O martes 16 de novembro o saldo das tarxetas-bono pasará a 0. As persoas que non esgotaran o valor das tarxetas-bono poderán solicitar a devolución do importe á Xuntanza de empre