- Tematica
Os nenos e nenas de primaria da Escola de Verán recibiron, no CEIP da Maía e CEP de Ventín, o obradoiro organizado pola Consellaría de Mar co que se pretende promocionar o consumo de conservas de productos do mar. Tras coñecer sobre os peixes e os seus métodos de pesca, o alumnado foi agasallado cun bolso neveira e un bocadillo feito das conservas.
A nutricionista municipal, Rosana Martínez, dende a Concellaría de Promoción da Saúde, colaborou coa Consellaría de Mar para achegar ata Ames a campaña “Fai clic ao teu bocata”. Os nenos e nenas de primaria que participan da Escola de Verán no CEIP a Maía e CEP de Ventín, aprenderon sobre as múltiples virtudes das conservas do mar, así como os hábitos de consumo alimentario saudables.
Da man dos científicos Mar e Roi, a rapazada viu as características das conservas do peixe e do marisco, os seus nomes, hábitos e o proceso que seguen dende que están no seu medio natural ata que chegan a ser parte dun bocadillo.
Durante a primeira parte da actividade, impartiuse unha charla divulgativa, dinámica e participativa con preguntas aos participantes sobre alimentación e os produtos do mar e a proxección dun vídeo animado da campaña que introduce o mundo das conservas e dos bocadillos.
A continuación, demostrouse a elaboración dos bocatas que inclúen conservas de produtos do mar como ingrediente principal e que foron degustados na merenda. Para finalizar o obradoiro, os científicos evaluaron aos rapaces e rapazas a modo de xogo e preguntas rápidas, os coñecementos adquiridos no taller.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Bocatas en el mar"