- Tematica
A finais do pasado mes de outubro varios compañeiros e compañeiras do Concello de Ames realizaron unha comida que serviu como acto de homenaxe a Jose Antonio Rodríguez, que ata hai pouco foi o inspector da Policía Local de Ames. José Antonio foi o primeiro policía local de Ames e traballou durante 38 anos no corpo de seguridade amesán. En dito acto participaron tres dos cinco alcaldes que exerceron como rexedores municipais durante os seus 38 anos de servizo: José Astray, Santiago Amor e Blas García.
A Policía Local de Ames comezou a funcionar no ano 1985 cun só garda. Naquel momento o concello tiña arredor de 10.000 habitantes pero foi medrando e paralelamente a el aumentaron os efectivos policiais. Na actualidade son 25 os axentes de seguridade que forman a Policía Local de Ames. As últimas incorporacións producíronse no mes de agosto de 2009. Os 25 integrantes do corpo de seguridade de Ames están integrados por un inspector, dous oficiais e vinte e dous policías.
O 21 de xaneiro de 1985 comezou a funcionar o servizo da Policía Local de Ames. Dende esa data xa pasaron moitos anos nos que o corpo de seguridade amesán experimentou profundos cambios. Esta unidade policial comezou a operar cun so efectivo. José Antonio Rodríguez, foi o primeiro axente que ingresou neste departamento municipal. Tras el chegaron más efectivos pero José Antonio explica que naqueles anos tiña que encargarse el de todo e só dispoñía dun vehículo policial.
No ano 1993 ingresou unha segunda promoción formada por tres persoas polo que pasaron a ser catro efectivos. Posteriormente en 1996 entraron dous axentes e no ano 1997 ingresaron catro máis, chegando aos dez efectivos. Despois houbo que esperar ata o ano 2003 para que ingresase unha nova promoción de axentes. Deste xeito, dende 2003 ata o 2009 pasouse de 10 a 25 axentes. En seis anos ingresaron 15 novos efectivos nas ringleiras da Policía Local de Ames. A última promoción composta por cinco axentes tomou posesión do seu posto en agosto de 2009.
Tras 38 anos de servizo como xefe da Policía Local de Ames, José Antonio puxo fin a súa etapa laboral e para celebralo os compañeiros e compañeiras do Concello realizáronlle un acto de homenaxe o pasado 21 de outubro. En dito acto participaron tres dos cinco alcaldes que exerceron como rexedores municipais durante os seus 38 anos de servizo: José Astray, Santiago Amor e Blas García.
O actual alcalde de Ames, Blas García, destaca que “despois de 38 anos de servizo na Policía Local de Ames xubilouse José Antonio. El foi o primeiro “municipal” que tivo o Concello de Ames e foi o xefe desde sempre, cos cinco alcaldes que pasaron polo Concello de Ames durante a súa etapa laboral. O acto de homenaxe no que participou foi unha despedida alegre na que José Antonio puido apreciar e recibir todo o cariño colleitado durante estes anos de servizo e traballo, pero sobre todo puidemos trasladarlle o noso afecto e respecto por tantos anos de traballo para a veciñanza de Ames”.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Homenaxe para despedir ao primeiro policía local de Ames que estivo 38 anos no corpo"
La Voz de Galicia: "«Como policía local é doado ser legal, o que se fai difícil é ser xusto dentro da legalidade»"