Pestanas principais

Receitas saudables elaboradas pola nutricionista

Luns, 11 de xullo de 2011

[11-07-2011] A nutricionista do Concello de Ames ofrece un pormenorizado asesoramento nutricional a toda a cidadanía amiense. Así, cada semana elabora un menú saudable para que todos os e as amienses poidan coidar os seus hábitos alimenticios. Esta semana ofrece un menú saudable para o ácido fólico, que contén de primeiro prato ensalada de garavanzos, de segundo lasaña de acelgas e de sobremesa melón. Picando na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter este menú.