Pestanas principais

Récord de asistencia na Marcha Ciclista Nocturna da “V Semana da Mobilidade” organizada polo Concello de Ames

Luns, 25 de setembro de 2023

O Concello de Ames celebrou  por quinta vez consecutiva a “Semana Europea da Mobilidade”, que neste 2023 se levou a cabo entre os días 22 e 24 de setembro por mor da meteoroloxía, cunha serie de actividades a prol da mobilidade activa, do transporte público e doutros medios limpos e intelixentes. Deste xeito, o programa incluíu  andainas, xogos, coloquios, mostras e marchas ciclistas ao longo do fin de semana. Este ano o lema foi “Combina e móvete!” e a temática a eficiencia enerxética. Premendo nesta ligazón podes acceder á galería de fotos da Semana Europea da Mobilidade 2023.

A marcha nocturna converteuse na actividade estrela desta “Semana da Mobilidade”, que pasou duns 70 inscritos na primeira edición, a máis de 170 nesta última, como apunta o concelleiro de Urbanismo e Mobilidade, Víctor Fernández. “Ano tras ano a participación medra. Familias enteiras participan no que vai camiño de converterse en toda unha tradición do Concello de Ames”.

O alcalde, Blas García, agradeceu os dispositivos que tanto a Policía Local  como Protección Civil despregaron para garantir en todo momento a seguridade da marcha pois “sen a colaboración e a implicación destes corpos a marcha non sería posible”.

Este percorrido realizouse sen ningunha incidencia e garantindo todas as medidas de seguridade, sendo escoltado en todo momento o grupo de bicicletas e contando cos pertinentes chalecos, cascos e luces, tal e como recomendou a Policía Local cando se presentou a actividade.

Esta “Semana Europea da Mobilidade continuou cos “Xogos sobre rodas”, do sábado 23, nos que participaron moitas familias. Para ditos xogos boubo arredor de 60 inscricións, ao igual que para a andaina pola Senda Verde, que se realizou o domingo 14 pola mañá, entre O Milladoiro e Bertamiráns.

A Semana Europea da Mobilidade (SEM) é unha campaña que leva a cabo dende o ano 2002 a Comisión Europea, co fin de promover unha mobilidade urbana sostible, animando ao cambio de hábitos a prol da mobilidade activa, o transporte público e outras solucións de transporte limpas e intelixentes. Aproximadamente 3.000 concellos europeos sumáronse á campaña deste ano e, entre eles, o Concello de Ames.

Imaxe da marcha ciclista nocturna da Semana da Mobilidade 2023

Multimedia

  • Imaxe da marcha ciclista nocturna da Semana da Mobilidade 2023

  • Embedded thumbnail for