Pestanas principais

Remata o curso 2023/2024 na Escola Municipal de Teatro con clausuras en Bertamiráns e no Milladoiro

Venres, 21 de xuño de 2024

A Escola Municipal de Teatro de Ames vén de celebrar esta semana diversas mostras de fin de curso. Nelas, o alumnado representou varias obras adaptadas ante un amplo público. Pola súa banda, o grupo municipal de teatro tamén pechou a súa actividade coa estrea de “A visita” nos auditorios de ambas localidades. Cómpre lembrar que as inscricións para renovar praza na Escola xa están abertas ata o 30 de xuño, mentres que os novos usuarios e usuarias poderán realizar a matrícula a partir do 5 de xullo.

A Escola Municipal de Teatro, posta en marcha no ano 2021 pola Concellaría de Cultura, clausurou esta semana o seu terceiro curso en funcionamento. Así, os rapaces e rapazas de varios grupos de idade ofreceron diversas mostras de teatro ante os seus achegados para ensinar as habilidades aprendidas ao longo de todo o curso.

Realizáronse clausuras nos dous núcleos urbanos de Ames. A rolda de actuacións comezou o martes 18 de xuño, cando a rapazada do grupo infantil (entre 3 e 6 anos) interpretou “Contemos un conto”, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Ese mesmos día, ás 20:00 horas, o segundo grupo infantil (rapazada de entre 7 e 11 anos) interpretou “O bosque dos mil perdidos”. Pechou a xornada o grupo xuvenil de maiores de 12 anos, coa obra “Mórdeme”.

O mércores día 19, o alumnado da escola trasladouse á Casa da Cultura do Milladoiro. Ás 17:30 horas foi a quenda do grupo infantil que comprende aos nenos e nenas de entre 3 e 6 anos, que arrincaron con “Contemos un conto”. O segundo grupo infantil interpretou a obra “O reino do derroche”, ás 20:00 horas. E, para rematar, o grupo xuvenil de maiores de 12 anos pechou a xornada con “Criaturiñas”, xa ás 20:30 horas.

Estrea da obra do grupo municipal de teatro
Por outra banda, o grupo municipal de teatro conformado por adultos, estreou o pasado 7 de xuño a obra “A visita” no Milladoiro, acadando unha afluencia masiva. O 14 de xuño ofreceron un novo pase na Casa da Cultura de Bertamiráns, repetindo o gran éxito de audiencia.

O elenco estivo composto por Mirella Vázquez, Emilia Mayo, Anna Reig, Cris Botrán, Rosana González, Marichelo Cajide, Ilduara García, Pablo Núñez, Gene Martínez, Pablo Otero, Marisa Peña, Esteban Paz e Carmela Pardal.

Renovación das prazas da Escola Municipal de Teatro
Co remate do ano escolar, as persoas que xa forman parte da Escola Municipal de Teatro xa poden renovar a súa praza, ata o vindeiro 30 de xuño. Para facelo, haberá que cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro.

Posteriormente, abrirase un segundo prazo, do 5 ao 15 de xullo, para novas inscricións nos grupos que queden prazas libres. Neste caso as prazas adxudicaranse por orde de entrada da ficha de inscrición no Rexistro. O proceso de inscrición será o mesmo que para renovar praza. Haberá que cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro.

Remata o curso 2023/2024 na Escola Municipal de Teatro con clausuras en Bertamiráns e no Milladoiro

Multimedia

  • Remata o curso 2023/2024 na Escola Municipal de Teatro con clausuras en Bertamiráns e no Milladoiro
  • Remata o curso 2023/2024 na Escola Municipal de Teatro con clausuras en Bertamiráns e no Milladoiro
  • Remata o curso 2023/2024 na Escola Municipal de Teatro con clausuras en Bertamiráns e no Milladoiro