- Tematica
Este mércores, 21 de abril, ás 20.00 horas, péchase o programa Abril de cine, unha nova iniciativa posta en marcha pola Concellaría de Cultura. Nesta ocasión a veciñanza de Ames poderá ver no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns o filme Trote, dirixida por Xacio Baño e protagonizada por María Vázquez, Celso Bugallo, Diego Anido, Tamara Canosa, Melania Cruz, que narra a historia dunha moza que vive nunha aldea nas montañas galegas xunto ao seu pai Ramón, co que apenas se comunica, e a súa nai enferma. Traballa nunha panadería e necesita escapar dese ambiente opresivo, pero as circunstancias sempre llo impediron. Para ver esta película débese reservar os convites na billeteira electrónica do Concello de Ames. Este programa está patrocinado pola Deputación da Coruña.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, puxo en marcha para este mes de abril unha nova iniciativa para achegar o cine galego á veciñanza de Ames. O programa Abril de cine inclúe a proxección de tres filmes. A primeira sesión de cine tivo lugar o pasado mércores 7 de abril, en Bertamiráns, coa proxección de Ons, unha película dirixida por Alfonso Zarauza, que gañou 9 galardóns na Gala da XIX edición dos Premios Mestre Mateo. Un dos premios foi o de mellor longametraxe.
Outro dos filmes que foi protagonista nos Premios Mestre Mateo, foi Ons, dirixida por Paula Cons, que obtivo 5 premios: mellor dirección para Paula Cons, interpretación masculina de reparto para Milo Taboada, dirección de arte para Antonio Pereira, maquillaxe e perruquería para Raquel Fidalgo e Patricia Vilela e vestiario para Eva Camino. Esta película tamén se puido ver en Ames dentro do ciclo Abril de cine. Proxectouse o mércores pasado, 14 de abril, ás 20.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. Este filme está baseado nunha historia real dos anos 20.
Proxección de Trote
O programa péchase este mércores, 21 de abril, coa proxección de Trote, na que se poderá ver escenas rodadas en Ames. Será ás 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Esta película, dirixida por Xacio Baño, conta a historia dramática dunha moza, interpretada por María Vázquez, que vive nunha aldea nas montañas galegas xunto ao seu pai Ramón, o actor Celso Bugallo, co que apenas se comunica, e a súa nai enferma. Traballa nunha panadería e necesita escapar dese ambiente opresivo, pero as circunstancias sempre llo impediron.
A entrada para asistir a ver este filme é de balde. Aínda así débese reservar o convite a través da billeteira electrónica do Concello de Ames. Hoxe luns, 19 de abril, aínda quedan algún convites libres, polo que se estás interesado/a en ver este filme, data présa en reservar a túa entrada. Prégase puntualidade porque a proxección do filme comezará ás 20.00 horas. En todas as sesións de cine abriranse as portas dos auditorios das Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro ás 19.45 horas. Este programa está patrocinado pola Deputación da Coruña.