Pestanas principais

Remata a primeira fase da campaña de tarxetas bono Merc@mes

Mércores, 28 de abril de 2021

A Concellaría de Promoción Económica informa de que a partir deste sábado, 1 de maio, quedan bloqueadas as tarxetas bono Merc@mes ata que comece a segunda fase da campaña que se desenvolverá do 1 de setembro ao 31 de outubro. Deste xeito, remata a primeira fase da campaña que comezou o pasado 1 de marzo. As 3.000 tarxetas-bono postas á venda esgotáronse xa a comezos do pasado mes de marzo. Esta iniciativa xerará un volume de negocio de 200.000 euros. A realización das compras con ditas tarxetas pódese realizar exclusivamente nestes dous períodos.

A tarxeta-bono Reactiva Ames é unha tarxeta prepago a través da cal o Concello de Ames pon ao dispor das persoas beneficiarias unha axuda do 40% do valor da mesma. Ditos bonos funcionan como unha tarxeta visa prepago, con banda magnética, sen chip nin PIN (anónimas). Ademais, estas tarxetas poderán ser utilizadas tamén en futuras promocións que se poñan en marcha desde o Concello de Ames.

A campaña desenvólvese en dúas fases. A primeira fase comezou o pasado 1 de marzo e remata este sábado, 1 de maio. Polo tanto, dende o 1 de maio as tarxetas bono quedan bloqueadas e non poderán volver a ser utilizadas ata o 1 de setembro, momento no que comeza a segunda fase da campaña. A segunda fase desenvolverase ata o 31 de outubro. A realización das compras con ditas tarxetas pódese realizar exclusivamente nestes dous períodos.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destaca “o éxito desta campaña xa que as 3.000 tarxetas-bono postas á venda esgotáronse en pouco máis dunha semana dende que se puxeron á venda o pasado 1 de marzo. É de agradecer a implicación nesta campaña das tres asociacións de comerciantes e empresarios do municipio e da veciñanza amesá”.

170 establecementos adheridos á campaña
170 establecementos comerciais adheríronse á campaña de tarxetas bono Merc@mes. Entre eles non figuran espazos de gran distribución destinados á alimentación (hipermercados ou supermercados pertencentes a grandes cadeas), estacións de servizo de combustible, salas de xogo/apostas, farmacias e demais establecementos sanitarios e estancos, postos que nas bases se establecía que este tipo de negocios non poderían incluírse na campaña.

Si que se incluíron ópticas, clínicas veterinarias, psicotécnicos, clínicas dentais, establecementos ortopédicos e parafarmacias. As tarxetas non son válidas para a compra en tendas on-line, a través da Internet. Os establecementos adheridos á dita campaña dispoñen dunha pegatina no escaparate de Merc@mes, para que a clientela os poida distinguir e saber en cales poden poder facer uso das tarxetas – bono. Preme nesta ligazón para consultar os establecementos adheridos a dita campaña.

Vídeos promocionais da campaña Merc@mes
Para a informar de como adquirir e usar as tarxetas-bono Merc@mes realizáronse dous vídeos protagonizados polo actor e humorista, Pepo Suevos, e maila cantante e presentadora, Fátima Pego. Ditos vídeos pódense ver nas redes sociais do Concello de Ames (Facebook, Twitter e Instagram) e na canle de Youtube do Concello.

-Preme aquí para ver o vídeo explicativo sobre como empregar as tarxetas-bono.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "El 1 de mayo termina la primera fase de las tarjetas Merc@mes"

El Correo Gallego: "Bloquean ata setembro os bonos rebaixa Merc@mes"

Cartel informativo sobre a campaña de tarxetas bono Merc@mes

Multimedia

  • Embedded thumbnail for