Pestanas principais

Rematan as obras de ampliación da rede de saneamento no lugar de Castelo

Sábado, 22 de maio de 2021

Esta semana o alcalde de Ames e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, e mailo técnico municipal do Ciclo integral da auga, visitaron o lugar de Castelo, na parroquia de Ames, onde se realizaron obras para ampliar a rede de saneamento e dotar así deste servizo a un grupo de vivendas que non dispoñían del. O proxecto foi executado pola empresa SYR-AMG SL, por un importe de 27.455,37 euros (IVE incluído). A actuación sufragouse cunha partida de fondos vinculada ao Ciclo Integral da Auga.

A través deste proxecto ampliouse a liña de saneamento para unha serie de vivendas que se atopan na marxe esquerda da estrada que vai de Castelo cara Proupín. Deste xeito, conectouse, pola parte traseira de ditas vivendas, mediante un sistema de impulso por bombeo, á rede xa existente. Na execución deste proxecto investíronse 27.455,37 euros (IVE incluído). A actuación sufragouse cunha partida de fondos vinculada ao Ciclo Integral da Auga.  

Deste xeito, executouse unha rede de saneamento con 28 metros de tubería. Instaláronse 3 pozos de rexistro en calzada e 3 arquetas de saneamento. Esta rede conduciuse a un pozo de bombeo que dispón dun conxunto de dúas bombas iguais, unha delas de reserva, sendo cada unha delas una electrobomba somerxible, con impulsor monocanal, para achique de augas fecais con corpos en suspensión ou filamentosos, construída en aceiro inoxidable, cunha potencia de 0,75 kW.

Debido á escasa pendente da rede procedeuse ao formigonado da base. Ademais foi necesario o reforzo da tubería con formigón e recrecido do camiño con zahorra na zona na que se instalou unha das arquetas. Dende o pozo de bombeo conduciuse ata a rede municipal xa existente mediante unha tubería de impulsión. Posteriormente a instalación da tubería, procedeuse ao recheo e compactación do foxo. Unha vez instaladas as redes procedeuse á reposición dos pavimentos con formigón nas zonas necesarias.

O alcalde e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, explica que “a través desta obra dotouse de saneamento a un grupo de vivendas do núcleo de Castelo que non dispoñían deste servizo. Desta maneira, o Goberno municipal continúa dotando de saneamento a aquelas vivendas das aldeas nas que aínda non funciona, co obxectivo de mellorar os servizos que se ofrecen no rural amesán”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Castelo se une al selecto club de aldeas con alcantarillado"

La Voz de Galicia: "Finaliza la ampliación de la red de residuales de Castelo, en Ames"

Compostela 24 horas: "Rematan as obras de ampliación da rede de saneamento no lugar de Castelo"

Rematan as obras de ampliación da rede de saneamento no lugar de Castelo

Multimedia

  • Esta semana o alcalde de Ames e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, e mailo técnico municipal do Ciclo integral da auga, visitaron o lugar de Castelo, na parroquia de Ames
  • Rematan as obras de ampliación da rede de saneamento no lugar de Castelo
  • Rematan as obras de ampliación da rede de saneamento no lugar de Castelo