Pestanas principais

Rematan as obras de pavimentación dos viarios do núcleo de Outeiro cun investimento superior aos 87.000 euros

Luns, 04 de xaneiro de 2021

87.281,92 euros (IVE incluído) investíronse nas obras de pavimentación dos viarios interiores do núcleo de Outeiro, na parroquia de Ames. As obras adxudicáranse no mes de marzo á empresa Construcciónes Cernadas S.L e están incluída no Plan Único POS+2019 que neste exercicio inclúe 13 proxectos. O alcalde de Ames, José Miñones, e o concelleiro de obras visitaron as obras rematadas.

"Mellorar os interiores dos núcleos do noso concello e facelos máis accesibles e humanos é un dos obxectivos destas obras”, deste xeito se manifesta o concelleiro de Obras e Servizos, Blas García, quen engade que a intención e ir mellorando as
estradas e viarios de todos os núcleos rurais do concello apostando firmemente porque o rural amesá sexa un lugar onde vivir e contar coas comodidades e servizos necesarios.

Os traballos en Outeiro desenvolvéronse en 9 treitos de 70x3,50; 20x5,00; 20x6,00; 170x3,50; 260x3,00; 110x3,50; 160x4,00; 150x4,00 e 140x3,25 metros. Empregáronse cinco centímetros de saburra e doce de formigón, mallazo e xuntas de dilatación, previa demolición, nivelación e compacto do pavimento existente.

Ademais, previo á execución do pavimento, contemplouse a canalización de 180 m. (40 e 140 metros) de tubaxe de PVC de 315 mm. de diámetro e execución de 14 m. (2 e 3 de 4,00 metros), para recollida de augas pluviais, previa escavación de gabia
e posterior recheo e compactado da mesma.

As obras realizadas no núcleo de Outeiro significaron un avance importante para o mesmo, xa que facía máis de dúas décadas que non se realizaba ningunha actuación neste lugar, e estas obras viñeron a significar un avance importante que se ampliará coa instalación de alumeado led no vindeiro ano, grazas ao proxecto do IDAE de mellora enerxética para todo o rural.

Esta obra tivo, ademais, unha dificultade importante porque nesa zona existe unha elevada cantidade de auga de mananciais e de pluviosidade, co que se incrementou a tubaxe de canalización. Foi moi importante a colaboración veciñal á hora da información e das propostas realizadas para recoller estas augas.

O alcalde, José Miñones, puxo en valor "o traballo que se está a realizar no rural amesán, onde unha parte importante dos plans provinciais se dedican a mellorar os interiores dos núcleos, así como os accesos aos mesmos". Continuo dicindo que "nós nos tomamos en serio aos veciños e veciñas do rural amesán, e apostamos porque poidan contar cos servizos básicos necesarios e imprescindibles; xa que queremos que a poboación se asente tamén no rural".

Novas relacionadas: 

La Voz de Galicia: "Ames humaniza los viarios de Outeiro tras 20 años de olvido"

Obras Outeiro.

Multimedia

  • Obras Outeiro.
  • Obras Outeiro.