Pestanas principais

Rematan os cursos de “Alfabetización Dixital no Rural” en Ames, con 90 persoas formadas en TICs

Xoves, 16 de decembro de 2021

Os cursos de alfabetización dixital, organizados pola Concellaría de Cultura de Ames nos centros sociais de Agrón, A Ameixenda, Augapesada, Biduído, Bugallido, Covas, Ortoño, Tapia e Trasmonte chegan ao seu fin, tras impartir 25 horas de formación dende setembro ata decembro. 90 persoas completaron as prazas ofertadas e recibiron nocións básicas de uso das tecnoloxías da información e comunicación, tocando materias como a ofimática, a navegación en liña, as redes sociais ou a seguridade en Internet. A concelleira de Cultura, Natividade Gónzalez, asistiu nas últimas dúas semanas ás clausuras dos cursos, repartindo diplomas e recibindo as valoracións da veciñanza participante, á que lle mostrou o seu “compromiso” para repetir a actividade.

O programa de alfabetización dixital respondeu a unha das demandas da veciñanza dos Orzamentos Participativos do ano 2020. Os obradoiros impartíronse durante tres meses, con dúas horas á semana nos locais sociais de Agrón, A Ameixenda, Augapesada, Biduído, Bugallido, Covas, Ortoño, Tapia e Trasmonte, ata alcanzar as 25 horas prácticas. O obxectivo principal do curso, organizado pola Concellaría de Cultura, foi familiarizar ás veciñas e veciños do rural amesá co uso das TICs, facilitando xeitos seguros e axeitados para incorporar o mundo dixital a distintos aspectos das súas vidas cotiás.

A concelleira de Cultura, Natividade González, visitou as clausuras dos cursos nas súas nove sedes, repartindo diplomas de formación e coñecendo a opinión das 90 persoas que participaron no programa de alfabetización. Os obradoiros botaron o peche ao longo das dúas primeiras semanas de decembro, sendo os primeiros en rematar os de Augapesada e Covas, e os últimos os de Bugallido e Biduído. A estes dous locais acompañaron á concelleira o alcalde de Ames, Blas García, e o concelleiro do Rural e Participación Cidadá, Santiago Márquez.

González quixo destacar a excelente recepción deste tipo de actividades formativas no rural e entre as persoas maiores, as máis susceptibles de quedar atrás por mor da fenda dixital. “Quero facer fincapé na importancia destes cursos polo tipo de perfil de xente ao que chegamos, normalmente xente maior e do rural, cunhas necesidades moi concretas no senso da alfabetización dixital. O máis agradable é ver, dende o primeiro día ata o último, a implicación e a satisfacción por todo o o aprendido”. Ademais, adiantou que estes cursos volverán en máis edicións. “Teñen moitas ganas e o compromiso desta concelleira de repetir. Non podemos deixar de escoitar ás nosas maiores e ao noso rural, en especial con actividades como esta, que sempre teñen unha gran acollida”.

Ao longo dos tres meses de formación, a veciñanza, que ocupou as dez prazas dispoñibles en cada un dos nove centros sociais, recibiu nocións básicas de informática, como o uso do sistema operativo, do teclado, a elaboración de documentos sinxelos ou o tratamento da imaxe. Tamén aprenderon aspectos sobre a rede, como o uso de distintos navegadores e buscadores, o correo electrónico, as redes sociais, o almacenamento na nube, a realización de trámites ou consellos para empregar Internet dun seguro e axeitado. Ademais, a pesar de desenvolverse en equipos informáticos, os talleres dedicaron tempo a que os usuarios e usuarias aprenderan a quitarlle partido aos dispositivos móbiles.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Achegan novas tecnoloxías a 90 veciños que residen no rural amesán"

Rematan os cursos de “Alfabetización Dixital no Rural”  en Ames, con 90 persoas formadas en TICs

Multimedia

  • Rematan os cursos de “Alfabetización Dixital no Rural”  en Ames, con 90 persoas formadas en TICs