Pestanas principais

Resultado da fase de baremación e convocatoria do primeiro exercicio do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de conserxes

Xoves, 30 de xaneiro de 2014

[30-01-2014] O Concello de Ames publica o resultado da fase de baremación do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de conserxes. Ata o 7 de febreiro (incluído) estará aberto o prazo para a presentación de reclamacións contra a puntuación outorgada. Ademais, convócase aos aspirantes para a realización do primeiro exercicio correspondente á fase de oposición, que terá lugar o día 7 de febreiro ás 12:00 horas no Centro de Formación e Emprego do Concello de Ames, situado en Aldea Nova. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o documento con toda a información.