- Tematica
Esta mañá vén de producirse unha primeira xuntanza co Clúster Audiovisual Galego motivada polo interese de ambas partes de explorar vías de colaboración nun futuro. Nesta xuntanza abordáronse posibles horizontes de colaboración centrados nas accións futuras do Concello en relación ao sector audiovisual e os seus plans para os vindeiros anos. Mediante este achegamento quedou inaugurado unha nova canle de comunicación entre ambas partes.
Por parte do Concello de Ames destacouse o compromiso existente para con este sector e a intención de “potencialo proporcionando tanto os medios como a disposición necesaria por parte desta administración para facer que este, xa de por sí, importante sector medre”, apunta o alcalde. “A colaboración entre institucións e organizacións á hora de impartir formación e complementarse é vital”, finaliza García.
Cabe recordar que o Concello de Ames realiza unha importante aposta polo sector audiovisual mediante o proxecto do Ames AV Lab, un laboratorio de aceleración de proxectos audiovisuais que pretende impulsar a produción, fomentar o talento emerxente e dinamizar o texido produtivo do sector . “Mediante este laboratorio de aceleración de proxectos Ames e a Deputación da Coruña tratan de dotar de dotar de ferramentas ao talento local para poida florecer” conclúe a concelleira de Promoción Económica, Ana Paz.
Novas relacionadas:
Ames Go: "Reunión entre o Concello de Ames e o Clúster Audiovisual Galego"