Pestanas principais

Rosalía de Castro é nomeada, a título póstumo, como filla adoptiva de Ames

Mércores, 11 de outubro de 2023

O auditorio da Casa Museo Rosalía de Castro, situada en Padrón, acolleu este martes 10 de outubro pola tarde,  un acto no que se recoñeceu a gran poetisa e escritora galega como filla adoptiva do concello de Ames. O alcalde de Ames, Blas García, participou neste acto de recoñecemento amenizado polo violinista Marcos Valcárcel, xunto aos alcaldes de Padrón, Anxo Rei Arca, e de Dodro, Xavier Castro, e ao presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira. O pasado 30 de marzo, o Pleno aprobou por unanimidade o nomeamento de Rosalía de Castro, a título póstumo, como filla adoptiva de Ames mediante declaración institucional.

“A filiación de Rosalía a respecto de Ames é incuestionable no aspecto literario e biográfico polo que, de algún xeito, Rosalía é de Ames”, afirma Angueira, “este xesto apoiado por toda a Corporación demostra que Ames tamén quere ser de Rosalía, algo que hoxe celebramos”.

O alcalde de Ames, Blas García, celebrou este recoñecemento e felicitou á pasada Corporación por este acordo unánime que o Pleno adoptou en marzo deste ano: “Para o Concello de Ames é unha honra ter sido partícipes da vida de Rosalía e, polo tanto, deixar pegada nas súas obras”. O rexedor amesán agradeceu tamén ao presidente da Fundación, Anxo Angueira, a celebración deste acto que “non fai máis que resaltar a admiración pola figura de Rosalía de Castro”.

O alcalde de Padrón, Anxo Rei, incide en que o legado de Rosalía “transcende fronteiras e ideoloxías e, polo tanto, é natural que todos aqueles municipios e entidades culturalmente sensibles teñan conta da súa contribución á cultura galega”.

García recordou tamén a andaina que o vindeiro xoves, día 12 de outubro se celebrará e discorrerá entre Compostela e Ortoño para conmemorar o Centenario do Seminario de Estudos Galegos e que rematará coa lectura dun manifesto e unha ofrenda floral na placa fundacional do Seminario na casa de Rosalía.

Rosalía, filla adoptiva de Ames
O pasado 30 de marzo, o Pleno aprobou por unanimidade o nomeamento de Rosalía de Castro, a título póstumo, como filla adoptiva de Ames mediante declaración institucional. Dita proposta fundamentouse na relación do concello de Ames e as Terras da Maía coa vida e obra da escritora e nos méritos de pública notoriedade que concorren na súa figura. Así resaltouse a súa vinculación a lugares como as parroquias de Ortoño, Ames e Trasmonte, que exerceron gran influencia na poesía da autora.

Novas relacionadas:

AMS GO!: "Rosalía de Castro, filla adoptiva de Ames a título póstumo"

Imaxe do acto no que se recoñeceu a gran poetisa e escritora galega como filla adoptiva do concello de Ames

Multimedia

  • Imaxe do acto no que se recoñeceu a gran poetisa e escritora galega como filla adoptiva do concello de Ames

  • Rosalía de Castro é nomeada, a título póstumo, como filla adoptiva de Ames