Pestanas principais

Rutas a pé, piragüismo e un encontro intercultural para celebrar o Día Internacional do Medio Ambiente

Venres, 04 de xuño de 2021

Xa está todo listo para celebrar a Festa da Natureza na Pravia Fluvial de Tapia o sábado 5 de xuño. A xornada dará comezo, ás 10.00 horas cunha ruta polo Val do Pasos. Para inscribirse débese enviar a un email a auladanatureza@concellodeames.gal. Como acto conmemorativo, realizaras unha solta de alevíns de troitas no río Tambre. Haberá unha xornada de portas abertas de piragüismo, xogos tradicionais e unha gran xincana. Dentro da feira levarase a cabo un encontro intercultural. Durante toda a xornada estarán abertas as mostras de maquinaria e plantas forestais. A xornada rematará ás 18.00 horas coa actuación musical de "Colt 45". Para máis información, pódese enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal ou chamando ao 660 004 665. A festa está organizada pola Concellaría de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica en colaboración coas de Deportes e Benestar Social. Haberá servizo de autobuses dende o Milladoiro e Bertamiráns ata a Praia Fluvial de Tapia, e viceversa.

A praia fluvial de Tapia xa está preparada para acoller aos veciños e veciñas de Ames que queiran festexar o Día do Medio Ambiente, o sábado 5 de xuño.

As actividades comezarán ás 10.00 horas cunha ruta ambiental polo Val do Pasos, dende Bertamiráns ata Tapia. A camiñata, de dificultade media, é de 9 quilómetros. Para inscribirse débese enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. O punto de encontro será a Praza do Concello pero haberá a disposición un autobús dende a Casa da Cultura do Milladoiro, con saída ás 09.45 horas.

Ademais, os pequenos e pequenas poderán participar en xogos tradicionais. Todo/as o/as visitantes, de todas as idades, poderán participar nunha Gran Xincana Ambiental. Deberanse inscribir no propio día. 

A Aula da Natureza, como acto conmemorativo do Día Internacional do Medio Ambiente, realizará unha solta de alevíns de troita no río Tambre ás 17.30 horas.

Xornada de porta abertas ao piragüismo
A Concellaría de Deportes tamén participa nesta xornada organizando unha xornada de portas abertas do piragüismo na Pravia Fluvial de Tapia. A ruta, que se desenvolverá de 11.00 a 13.00 horas, está dirixida aos nenos/as maiores de 7 anos que saiban nadar. Precísase levar traxe de baño, chinelas e camiseta. Para inscribirse débese enviar un email a info@ribeirasdotambre.es

Entrega de premios do concurso fotográfico Enfoca Ames
Á 13.30 entregaranse os premios do concurso fotográfico Enfoca Ames. Esta iniciativa, da Xuntanza de Empresarios de Ames en colaboración co Concello de Ames, pretende fomentar o achegamento da cidadanía aos lugares máis emblemáticos do concello de Ames fotografiando o seu patrimonio natural, artístico e/ou cultural.

Encontro Intercultural
Dende a Concellaría de Benestar Social organizarase un encontro intercultural. De 14.00 a 16.00 horas, os veciños e veciñas de Ames poderán compartir experiencias e pensamentos achegando diferentes culturas e tradicións.

Exposicións
Mentres, a xornada continúa ás 15.00 horas con xogos tradicionais e, de 16.00 a 17.30 horas, haberá unha demostración do uso da maquinaria forestal no Campo de Fútbol de Tapia.
Durante todo o sábado, estarán abertas as mostras de maquinaria e plantas forestais.

A xornada pecharase ás 18.00 horas coa actuación musical do grupo "Colt 45".

Servizo de autobuses

O Concello de Ames pon a disposición dos veciños e veciñas de Ames as seguintes liñas de autobús:

Para realizar a ruta Val dos Pasos, ás 09:45 horas sairá o autobús da Casa da Cultura de Milladoiro ata a Praza do Concello, que é o punto de encontro.

Ames - Tapia
11.30 horas casa da Cultura do Milladoiro; 11:40 horas Pazo da Peregrina- 12:00 horas Praia Fluvial de Tapia
12.30 horas casa da Cultura do Milladoiro; 12:40 horas Pazo da Peregrina- 13:00 horas Praia Fluvial de Tapia

Tapia - Ames
13:45 horas Praia Fluvial de Tapia; 14:00 horas Pazo da Peregrina- 14:10 horas Casa da Cultura do Milladoiro
17: 30 horas Praia Fluvial de Tapia; 17:45 horas Pazo da Peregrina-18:00 horas Casa da Cultura do Milladoiro
18:30 horas Praia Fluvial de Tapia; 18:45 horas Pazo da Peregrina- 19:00 horas Casa da Cultura do Milladoiro

Pódese solicitar información enviando un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal ou chamando ao 660 004 665.

Presentación Festa da Natureza

Multimedia

  • Cartel Festa da Natureza