Pestanas principais

A sala de pediatría do antigo centro de saúde do Milladoiro pasará a ser unha oficina de atención municipal

Sábado, 25 de xuño de 2022

O alcalde de Ames, Blas García, acompañado do concelleiro de Urbanismo e Administración Xeral, Víctor Fernández, e da concelleira de Mobilidade, Beatriz Martínez, visitaron esta semana a sala de pediatría do antigo centro de saúde do Milladoiro na que se están executando obras na actualidade. O obxectivo é acondicionar este local para convertelo nunha nova oficina de atención municipal no Milladoiro. Deste xeito, preténdese situar neste novo local o servizo de Rexistro municipal do Milladoiro. Ademais, preténdese que a Policía Local e maila Agrupación de Voluntarios/as de Protección Civil dispoñan dunha oficina neste local para ofrecer un servizo de atención puntual nesta localidade.

Desde fai uns días estase traballando na mellora e acondicionamento da sala de pediatría do antigo centro de saúde do Milladoiro. O obxectivo é aproveitar este local, que dende a apertura do novo centro de saúde quedou en desuso, para habilitar unha nova oficina de atención municipal no Milladoiro. Deste xeito, preténdese situar neste novo local o servizo de Rexistro municipal do Milladoiro. Ademais, preténdese que a Policía Local e maila Agrupación de Voluntarios/as de Protección Civil dispoñan dunha oficina neste local para ofrecer un servizo de atención puntual na localidade do Milladoiro.

As obras consisten na adecuación do espazo de pediatría á accesibilidade para o que se modificará a porta principal, ademais de crear un baño adaptado no hall principal. Habilitaranse dous despachos para a atención e a presenza tanto da Policía Local como de Protección Civil, e modificarase o recibidor onde se poñerán dous postos para atención ao público e rexistro municipal, e crearase unha sala de espera. Tamén de adecentará todo o espazo con actuacións xerais de mantemento e conservación.
 
O alcalde de Ames, Blas García, explica que “estamos tratando de aproveitar os espazos do antigo centro de saúde do Milladoiro para habilitar novas oficinas municipais. Os locais dos que dispón o Concello de Ames son escasos, polo que é necesario aproveitar todos os espazos dos que dispoñemos, tanto para habilitar novas oficinas como para organizar actividades para a veciñanza”. Continúa dicindo que “é un avance importante crear no Milladoiro un espazo para que a Policía Local poida ter presenza de maneira directa e atender de xeito presencial ás necesidades dos veciños e veciñas do Milladoiro, o principal núcleo do concello de Ames”.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "O Milladoiro tendrá oficina municipal en el antiguo local de pediatría"

El Correo Gallego: "Acondicionan a vella sala de pediatría de Milladoiro para o Rexistro municipal"

A sala de pediatría do antigo centro de saúde do Milladoiro pasará a ser unha oficina de atención municipal

Multimedia

  • A sala de pediatría do antigo centro de saúde do Milladoiro pasará a ser unha oficina de atención municipal
  • A sala de pediatría do antigo centro de saúde do Milladoiro pasará a ser unha oficina de atención municipal
  • A sala de pediatría do antigo centro de saúde do Milladoiro pasará a ser unha oficina de atención municipal