Pestanas principais

Sigue a canle oficial de Telegram do Concello de Ames para recibir avisos e información da actualidade municipal

Martes, 03 de xaneiro de 2023

O Concello de Ames ten presenza nas principais redes sociais e conta con diversas canles de comunicación e sistemas de avisos, co fin de que a veciñanza poida coñecer a actividade municipal e a súa actualidade. Unha delas é a canle de Telegram @concellodeames, que permite recibir notificacións das últimas novidades do Concello en dispositivos móbiles e ordenadores. Os envíos de avisos tamén se realizan a través das redes sociais e de boletíns electrónicos, aos que están subscritos 1.140 persoas. Os perfís sociais institucionais tamén continúan crecendo, con máis de 9.300 seguidores en Facebook, de 3.700  en Instagram e de 2.200 en Twitter. Toda a actualidade e a axenda de Ames publícase a diario na páxina web oficial www.concellodeames.gal, que recolle unha lista con todos os medios de comunicación municipais.

A canle oficial de Telegram do Concello de Ames é a maneira máis rápida de coñecer a actualidade do municipio. As persoas usuarias deste servizo reciben unha alerta no seu dispositivo de cada nova ou aviso que o departamento de Comunicación publique na web municipal, empregando o sistema de notificacións de teléfonos, tabletas ou ordenadores. Para sumarse á canle, pódese buscar na propia aplicación o nome de usuario @concellodeames, ou ben seguir a ligazón que se pode atopar premendo aquí.

O Telegram é un dos tres sistemas personalizados de envío de avisos, actualidade e axenda municipal cos que conta o servizo de Comunicación local. A este servizo de mensaxería acompáñano os perfís nas redes sociais e o envío diario de boletíns informativos vía correo electrónico, que na actualidade conta con 1.140 persoas subscritas.

Gran crecemento das redes sociais do Concello
A información na web municipal e os sistemas de avisos funcionan xunto ás redes sociais do Concello, que nos últimos anos están a experimentar un gran crecemento. A páxina de Facebook institucional superou durante o ano 2022 os 9.300 seguidores, sendo a rede de maior popularidade entre a veciñanza amesá. En total, ao longo do mes de decembro rexistráronse unhas 30.000 interaccións e máis de 4.000 reaccións, comentarios e veces que unha publicación foi compartida.

Pola súa banda, o perfil de Instagram, creado en maio de 2020, conta xa con máis de 3.700 seguidores. No último mes visitárono un total de 2.625 persoas, e as 126 publicacións que foron compartidas sumaron un total de 3.385 “gústames”. Os stories desta rede social alcanzaron as 58.518 impresións.

O Concello tamén conta cunha páxina en Twitter, que na actualidade seguen máis de 2.200 persoas e acadou 34.000 impresións e 152 mencións en decembro; así como 3.488 visitas ao perfil.

Ames Radio e contidos multimedia na web municipal
A finais de outubro de 2021, a radio municipal Ames Radio inaugurou a súa propia páxina web, amesradio.gal, na que a veciñanza amesá pode acceder a toda a súa programación en formato podcast, que inclúe espazos informativos e políticos, magacines e os proxectos da Radio Cidadá. Estes novos contidos en liña súmanse á xa existente galería de fotos da web municipal e á canle de Youtube do Concello de Ames, onde se recollen os vídeos máis destacados de diferentes actividades e programas realizados no concello.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "As redes sociais amesás superan os 16.300 seguidores con Facebook á fronte"

La Voz de Galicia: "Las redes sociales del Concello de Ames tienen 15.200 seguidores, el 61 % en Facebook"

A canle oficial de Telegram do Concello é a maneira máis rápida de coñecer as novas e avisos

Multimedia

  • Segue a canle oficial de Telegram do Concello de Ames para recibir avisos e información da actualidade municipal
  • Segue a canle oficial de Telegram do Concello de Ames para recibir avisos e información da actualidade municipal