Pestanas principais

Sete patinadoras dos clubs Omega e Sarela de Ames competirán na categoría nacional

Luns, 07 de febreiro de 2022

Esta pasada fin de semana celebrouse na Laracha o campionato de preseleccións provinciais libre de patinaxe nas categorías de cadete a sénior. Trátase da primeira proba do ano na que se decide que patinadores e patinadoras van a competir en categoría nacional e en rexional. Deste xeito, un total de 7 patinadoras de Ames (dúas patinadoras do club de patinaxe Sarela e cinco patinadoras do club de patinaxe Omega) competirán na categoría nacional o que resta de temporada. No mes de abril farase a proba de preselección nas categorías de benxamín a infantil.

O campionato de preseleccións provinciais libre de patinaxe celebrouse o sábado 5 e domingo 6 no pavillón municipal da Laracha. Tratouse dunha proba federativa oficial, a primeira da temporada, á que acudiron cerca de 100 patinadores e patinadoras, das provincias da Coruña e Lugo, na que realizaron o seu programa coa finalidade de alcanzar a categoría nacional ou rexional para o resto da temporada. Esta proba serviu para facer a preselección nas categorías de cadete a sénior.

Participaron no evento vinte clubs de patinaxe: CPA Omega, CP Sarela, CP Velúa, CPA Brión, CDP Boiro, CP Oroso, CPA Ágora, CD Fontiñas, CP Ribeira, CP Compostela, CDP Berenguela, CP Campus Stellae, CP Trompo, CP Leyenda, CP Axel, CPA Eiriz, Noia Patín, CP Anca, CPA Magia, y el club organizador, CP Conxuro A Laracha.

Do concello de Ames participaron o Club de patinaxe artística Omega e mailo club de patinaxe Sarela. Cómpre destacar os bos resultados da delegación amesá, xa que sete patinadoras conseguiron a puntuación necesaria para poder competir en categoría nacional o que resta de temporada. Deste xeito, do club patinaxe Sarela competirán en categoría nacional Inés Peña (cadete) e Alba Valladares (xuvenil).

Por outra banda, do club de patinaxe artística Omega competirán en categoría nacional as patinadoras; Irene Enríquez, Martina Bretaña, Marta Lariño e Claudia Villar, todas pertencentes á categoría cadete, así como Idara Pensado da categoría xuvenil.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, incidiu en que “é un orgullo que o concello de Ames estea representado en competicións de distintas disciplinas deportivas. Neste caso temos que felicitar ás patinadoras dos clubs de patinaxe Omega e Sarela pola boa actuación que tiveron nesta proba de preselección”.

Esta proba foi convocada pola Federación Galega de Patinaxe e contou coa colaboración do Concello da Laracha, a Deputación provincial da Coruña, a Xunta – Deporte Galego e os patrocinadores “ Asteria Café”, “Argalla”, “O Noso Café” e “Maluca Lobe”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Sete patinadoras de Ames competirán en categoría nacional cadete e sénior"

AMSGO!: "Sete patinadoras dos clubs Omega e Sarela de Ames competirán a nivel estatal"

Enfoques: "Siete patinadoras de Ames competirán en la categoría nacional"

Sete patinadoras dos clubs Omega e Sarela de Ames competirán na categoría nacional

Multimedia

  • Sete patinadoras dos clubs Omega e Sarela de Ames competirán na categoría nacional
  • Sete patinadoras dos clubs Omega e Sarela de Ames competirán na categoría nacional
  • Sete patinadoras dos clubs Omega e Sarela de Ames competirán na categoría nacional
  • Sete patinadoras dos clubs Omega e Sarela de Ames competirán na categoría nacional