- Tematica
A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) pon en marcha un ano máis o programa Vacacións en Paz, e está en busca de familias amesás que queiran acoller a nenos ou nenas saharauís durante dous meses de verán, en colaboración coa Concellaría de Servizos Sociais. Este venres 4 de novembro, ás 20:00 horas, celebrarase unha reunión informativa para as persoas interesadas en participar no programa no Hotel Congreso, situado na rúa das Mámoas de Montouto, Cacheiras. Para anotarse cómpre enviar un correo ao enderezo electrónico asociacionsogaps@yahoo.es ou chamar ao 986 26 26 37.
O Concello de Ames está a colaborar un ano máis coa asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) na campaña Vacacións en Paz 2023, un programa de acollida no que centos de nenos e nenas que viven en campos de refuxiados en Tindouf (Arxelia) pasan o verán en Galicia.
A iniciativa permite que os cativos e cativas escapen das altas temperaturas que se acadan durante o período estival no deserto saharauí, así como que pasen revisións médicas, aprendan galego e castelán e se evadan da súa realidade durante unhas semanas.
Dende o Concello, a través da Concellaría de Benestar Social, animan ás familias amesás que estean interesadas a participar no proxecto, por tratarse dunha iniciativa solidaria de gran valor cultural tanto para as crianzas como para as persoas que os acollen.
Este venres 4 de novembro ás 20:00 celebrarase unha reunión informativa no Hotel Congreso, situado na rúa das Mámoas de Montouto, Cacheiras. Todos aqueles que queiran asistir deberán enviar un correo electrónico ao enderezo asociacionsogaps@yahoo.es ou chamar ao correo 986 26 26 37 e indicar que queren asistir á cita, ademais de proporcionar os seus datos.
Para máis información sobre o programa ou o proceso de inscrición, ou para resolver dúbidas, pódese escribir a sogaps.oficial@gmail.com ou chamar ao 678 727 382.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Animan aos amesáns a ser solidarios co pobo saharauí"
Enfoques: "Ames busca familias para acoger niños saharauis en el programa 'Vacacións en paz'"