Pestanas principais

A subdelegada do Goberno na Coruña destaca no Milladoiro o labor dos equipos especializados da Garda Civil na loita contra a violencia de xénero na comarca de Santiago

Martes, 07 de xuño de 2022

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e mailo alcalde de Ames, Blas García, presidiron esta mañá a Xunta Local de Seguridade, unha reunión na que se realizou un balance sobre os efectivos das forzas e corpos de seguridade. Tamén se analizaron os datos sobre seguridade no exercicio 2021 e do primeiro cuadrimestre de 2022 e se realizou unha análise da situación sobre os casos de violencia de xénero en Ames. Precisamente, antes da Xunta Local de Seguridade, tanto Blas García como María Rivas visitaron, acompañados do coronel xefe da Comandancia da Guarda Civil da Coruña, Francisco Javier Jambrina, as instalacións do Cuartel da Garda Civil do Milladoiro, onde no pasado mes de xaneiro comezou a traballar un equipo especializado da Guardia Civil na loita contra a violencia de xénero. Neste senso, a subdelegada do Goberno explicou que a Guarda Civil abriu na provincia dez novas unidades para o tratamento integral dos casos de violencia machista.

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, destacou hoxe a aposta decidida pola igualdade do Executivo e o labor dos equipos especializados da Garda Civil na loita contra a violencia de xénero na comarca de Santiago. Fíxoo durante a unha visita ao novo equipo do Milladoiro, acompañada polo alcalde de Ames, Blas García, e o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Francisco Javier Jambrina.

A  subdelegada lembrou que na actualidade son 1.885 as vítimas de violencia de xénero con casos activos na provincia, e que a Garda Civil adáptase para darlles atención cos seus novos servizos en dez puntos da provincia, entre eles o do Milladoiro, que conta con dous axentes que dan servizo a toda a comarca.

Os obxectivos destes novos equipos son mellorar a calidade da atención ás vítimas, intensificar o seguimento de cada caso, tanto para vítimas como para agresores e mellorar a coordinación coas Policías locais. “Porque non se pode dar as costas a estes feitos arrepiantes nin se pode restar importancia a esta auténtica secuela social, como pretenden algúns”, subliñou Rivas.

Na súa visita ao cuartel da Garda Civil do Milladoiro a subdelegada do Goberno na Coruña destacou a aposta decidida pola igualdade “non imos parar ata lograr unha sociedade máis igualitaria, unha sociedade máis impulsiva, unha sociedade máis xusta e, por suposto, non imos parar ata conseguir unha sociedade libre de violencia machista”. Do mesmo xeito engadiu que o traballo destes axentes especializados é darlles un servizo directo ás mulleres e poñerllo máis difícil aos maltratadores “non se lle pode restar importancia a esta lacra social, fronte á violencia de xénero non cabe ningunha tolerancia nin ningunha xustificación”.

Rivas tamén aproveitou a ocasión para enviar unha mensaxe ás afectadas por esta secuela social. “Quero pedir a todas as mulleres vítimas de violencia de xénero na provincia que denuncien, que non teñan medo e que dean un paso á fronte para que o sistema poida axudalas e protexelas”.

Neste senso, o alcalde de Ames, Blas García, destacou o seu compromiso persoal “para convocar a Mesa interinstitucional de VioGen, a cal dende dende antes da pandemia non se volveu a celebrar. Cremos que é moi importante e necesario volver a convocar esta Mesa para poñerlle coto á violencia de xénero e traballar todos/as xuntos/as para erradicar a violencia machista”.

Xunta Local de Seguridade
Por outra banda, tras analizar os datos de seguridade cidadá durante a celebración da Xunta Local de Seguridade, María Rivas e Blas García puxeron en valor o grao de eficacia dos corpos e forzas de seguridade. Aseguraron que, aínda que aumentou a taxa de criminalidade con respecto ao mesmo período do ano anterior (xaneiro - abril), hai ter en conta que en 2021 aínda estabamos en plena pandemia, e por tanto os datos non son de todo extrapolables.

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas puxo en valor que Ames é un concello seguro. “Sinalar que a taxa de criminalidade en Ames segue por debaixo da media  provincial que a súa vez é inferior á media do conxunto de España. Ademais aumentou, tamén, a porcentaxe de casos esclarecidos.” A subdelegada do Goberno na Coruña rematou destacando a colaboración entre a Garda Civil e a Policía local “quero poñer en valor a importancia da colaboración entre a Garda Civil e a Policía Local. Esta colaboración é clave no noso traballo, por iso quero agradecer a colaboración da Policía Local de Ames para facer que  Ames siga a ser un lugar tranquilo e seguro”.

O alcalde de Ames, Blas García, fixo unha valoración positiva sobre os temas abordados na Xunta Local de Seguridade. “Aínda que é certo que se incrementaron algo os datos dos delitos respecto de 2021, hai que incluílos no contexto temporal no que se producen, xa que vimos dun ano 2021 no que a pandemia comezaba a remitir, pero aínda existían restricións pola Covid. Se os datos de delitos os comparamos con anos anteriores están dentro dunha media semellante.  De tódolos xeito, podemos dicir que Ames é un concello seguro e tranquilo. En canto ao número de delitos que se producen no noso termo municipal estamos por debaixo da media provincial e estatal”. Ademais, salientou a colaboración extraordinaria existente entre a Policía local, a Garda Civil e mailo resto de forzas e corpos de seguridade do Estado”.

Segundo os datos da Garda Civil, aumentan fundamentalmente os delitos leves, onde preocupa sobre todo o incremento das estafas por Internet, que subiron un 39,6%. “Traballamos a través dos equipos Arroba para combater este problema global, pero debemos ser moi precavidos cando navegamos por Internet, e, sobre todo, cando realizamos operacións que implican compartir datos persoais”, asegurou a subdelegada.

En canto á criminalidade, esta permanece en taxas por baixo da media provincial, que a súa vez é inferior á media do conxunto do país. Crece ademais a taxa de casos esclarecidos, nun 4,10% con respecto a 2021. Isto débese á constante colaboración entre a Garda Civil e a Policía Local. “Unha colaboración que é clave e que quero agradecer especialmente ao alcalde. Imos seguir traballando nesta liña para que Ames continúe sendo un lugar seguro”, dixo María Rivas.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "El número de casos esclarecidos por las fuerzas de seguridad en Ames creció en un año un 4,1%"

El Correo Gallego: "Bienvenida al equipo contra la violencia sexista en pleno auge de la criminalidad"

Ames Go: "A subdelegada do Goberno na Coruña visita as instalacións da Garda Civil no Milladoiro"

Visita á unidade de VioGen do cuartel da Garda Civil do Milladoiro

Multimedia

  • Visita ao cuartel da Garda Civil do Milladoiro
  • Visita ao cuartel da Garda Civil do Milladoiro
  • Visita ao cuartel da Garda Civil do Milladoiro
  • Visita ao cuartel da Garda Civil do Milladoiro
  • Visita ao cuartel da Garda Civil do Milladoiro
  • Imaxe da Xunta Local de Seguridade
  • Imaxe da Xunta Local de Seguridade
  • Imaxe da Xunta Local de Seguridade