- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, informa da suspensión do mercado de venda ambulante que organiza o Concello de Ames. Dita suspensión aprobouse este mércores, 13 de xaneiro, a través dun Decreto de Alcaldía. Dita suspensión será efectiva ata que as condicións hixiénico - sanitarias permitan volver a celebrar dito mercado. Preme nesta ligazón para consultar o Bando municipal.
Debido ás condicións de alerta sanitaria provocadas pola pandemia derivada da Covid-19 no concello de Ames, no día de hoxe, mércores 13 de xaneiro de 2021, asinouse o Decreto de Alcaldía, polo cal se suspende a celebración do mercado de venda ambulante do Concello de Ames, que se celebra os sábados na localidade de Bertamiráns. Dita suspensión será efectiva ata que as condicións hixiénico - sanitarias permitan volver a celebrar dito mercado.
Cómpre lembrar que o mercado de rúa estivo suspendido durante os meses de confinamento e volveu a celebrase durante a segunda quincena do pasado mes de xuño de 2020. Primeiro realizouse na rúa de Sar, que se atopa na zona próxima ao paseo fluvial, e posteriormente, dende o 14 de novembro, celebrouse na súa antiga ubicación, nas rúas Ameneiral e Entrerríos e tamén na praza do Concello, para poder cumprir as medidas de distancia e seguridade que dita o regulamento da Xunta na loita contra a pandemia da Covid-19.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Suspéndese o mercado dos sábados en Bertamiráns"
La Voz de Galicia: "Ames suspende el mercadillo por la tercera ola del covid"
Compostela 24 horas: "Suspéndese a realización do mercado de venda ambulante en Bertamiráns"