Pestanas principais

Telecinco visita a área recreativa de Tapia para coñecer as bibliopiscinas de Ames

Xoves, 28 de xullo de 2011

[28-07-2011] A canle de televisión Telecinco achegouse o pasado mércores pola tarde á praia fluvial de Tapia para coñecer o desenvolvemento das bibliopiscinas de Ames. Durante a súa estadía, os reporteiros falaron coa monitora e cos rapaces que se atopaban na bibliopiscina de Tapia e tomaron imaxes desta área recreativa. Telecinco interesouse pola realización desta actividade educativa e de entretemento coa que dende o Concello se pretende dende o se pretende incentivar o interese das rapazas e rapaces pola lectura. Unha iniciativa que a biblioteca municipal leva desenvolvendo tódolos veráns dende fai nove anos.


Reporteiros de Telecinco achegáronse o mércores pola tarde a Tapia coa finalidade de facer unha reportaxe sobre as bibliopiscinas. Para iso, fixeron gravacións do espazo natural e recreativo da praia fluvial amiense e, a súa vez, centráronse nesta actividade que organiza e xestiona a biblioteca municipal. Quixeron dar conta da realidade desta oferta lúdica e educativa coa recollida de instantes onde as nenas e nenos gozaban da lectura e onde e dunha sesión de contacontos.

"Móllate na lectura, 2011"

Durante os meses de xullo e agosto, o Concello de Ames ofrece aos veciños e veciñas amienses o xa tradicional servizo de bibliopiscinas. Este ano, coa campaña "Móllate na lectura, 2011", os usuarios das piscinas descubertas de Milladoiro e Bertamiráns e da área recreativa de Tapia poden gozar da lectura dende a óptica do divertimento. Dende o Concello preténdese, deste xeito, que as nenas e nenos tomen conciencia do importante que é ter un hábito de lectura cuxa práctica vaia máis alá do estudo. Libros, xogos e xoguetes para tódalas idades e diversas actividades para os pequenos e pequenas completan esta oferta xestionada pola biblioteca municipal. Unha das actividades estrela é a sesión de contacontos na que os monitores que se atopan nas bibliopiscinas proceden a ler un dos contos. Este evento realizase ás seis da tarde unha vez á semana e varía o día en función das instalacións: o luns en Milladoiro, o mércores en Tapia e o venres en Bertamiráns.


Porén, o servizo non só está adicado aos rapaces e rapazas, os maiores tamén poden empregar e beneficiarse desta iniciativa posto que dispoñen da prensa diaria e libros para o seu divertimento. Por outra banda, tamén poden utilizar o servizo de préstamo de libros a toallas e a domicilio sempre e cando teñan o carné municipal correspondente.

Nas piscinas descubertas de Milladoiro e Bertamiráns o servizo de bibliopiscinas desenvólvese de luns a venres en horario de 16 a 20 horas mentres que na área recreativa de Tapia pódese empregar a esta prestación municipal de luns a domingo (incluídos festivos) de catro a oito da tarde.