Pestanas principais

TERCEIRA FASE DAS OBRAS NA RÚA ANXERIZ

Venres, 23 de xaneiro de 2015

[23-01-2015] Comunícase que con motivo das obras que se están realizando na rúa Anxeriz, por mor do cambio de pavimento na calzada, vaise ver alterada a circulación e estacionamento habitual dende a rúa Pardiñeiros ata a rúa da Cruxa, véndose afectada a rúa Anxeriz en estacionamentos e garaxes. Picando no enlace da túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás consultar o aviso emitido polo Concello de Ames.

As obras continuaranse por pequenos tramos de rúa para prexudicar o mínimo posible aos veciños. A terceira das actuacións acometerase no tramo da Rúa Anxeriz dende o cruce con Pardiñeiros ata o portal do garaxe do número 16 (non incluído), que afectará aos garaxes de rúa Anxeriz cos números 13 e 15, e ós da rúa Pardiñeiros cos números 3 e 5, entre o luns 26 de xaneiro de 2015, ás 8:00 horas, e o venres 30 de xaneiro de 2015, ás 20:00 horas, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.

Durante o transcurso desta actuación, os propietarios destes portais non poderán entrar nin saír dos garaxes. Por mor destas obras, os demais vehículos do tramo afectado poderán acceder aos seus garaxes en dirección contraria á habitual, quedando prohibido o estacionamento en superficie nas zonas afectadas.

O Concello de Ames lamenta as molestias que estas actuacións, conducentes á mellora da circulación na zona, lles poidan ocasionar aos veciños.

Para calquera problema que puidera xurdir, ou calquera información da que precisen dispoñer, saiban que poden poñerse en contacto co concello nos medios habituais:

Teléfono 662 371 131 da Concellería de Vías e Obras, en horario de atención ao público.

Correo electrónico: obraseservizos@concellodeames.org

Policía Local: 619 767 575