Pestanas principais

Últimas entradas para a XVI edición do Festival de Maxia de Ames “Festimax”

Mércores, 20 de outubro de 2021

As Casas de Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro acollen esta fin de semana, do 22 ao 24 de outubro, un dos primeiros grandes eventos da cultura amesá sen restricións por mor da covid-19. A decimocuarta edición do Festival de Maxia de Ames “Festimax” congrega no seu programa seis galas e catro obradoiros, con importantes figuras tanto da maxia galega como da internacional. A rapazada de Ames de entre 8 e 14 anos pode inscribirse nas últimas prazas para os obradoiros enviando un mail a cultura@concellodeames.gal, indicando nome, apelidos e teléfono. Ademais, quedan entradas dispoñibles para as galas na billeteira electrónica.

O Festimax volve esta fin de semana cunha imaxe renovada e cunha oferta diversa de espectáculos e obradoiros. A decimocuarta edición do Festival de Maxia de Ames, unha das citas máis destacadas do outono amesán, trae números de cartomaxia, ilusionismo, sorpresas de impacto e humor realizados por figuras destacadas da maxia galega e internacional. Será un dos primeiros eventos no concello que permitan un aforo do 90%, o que permitirá as salas das Casas de Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro cheas.

Programa do Festimax

A programación comeza este venres 22 de outubro coa “Gala Máxica Infantil”, na Casa de Cultura de Bertamiráns. A función, protagonizada polo pallaso Sarapín, arrancará ás 17.00 horas e está dirixida a un público familiar a partir de 3 anos. Ás 20.30 horas, do mesmo día e no mesmo espazo, celebrarase a “Gala Máxica Unipersoal”, onde o público poderá gozar de “100% DaOrtiz”, o espectáculo de Dani DaOrtiz, considerado un dos mellores cartomagos a nivel internacional.

O itinerario continuará coa “Gala Máxica Internacional”, que ofrecerá en Ames dúas funcións, unha en Bertamiráns, o sábado 23, e outra no Milladoiro o domingo 24. Actuarán o sorprendente Didak, o ilusionista Fernando Arribas; unhas das mellores magas do planeta, Huang Zheng e o mago e cómico francés, Jimmy Delp. A Gala estará presentada polo artista polifacético Luis Boyano. En cada unha das funcións faranse dúas sesións, unha as 17:00 horas e outra ás 20:00. Esta Gala está aberta tamén a todos os públicos.

Obradoiros

Nacho Samena e Brandan van ser os encargados de impartir os obradoiros que se desenvolverán o sábado 23 de outubro na Casa da Cultura de Bertamiráns e o domingo 24 de outubro na Casa de Cultura de Milladoiro. Haberá dúas quendas, a primeira delas ás 11:00 horas e a segunda ás 12:00 horas. Os obradoiros están dirixidos a rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos. Os interesados poden enviar un correo a cultura@concellodeames.gal, indicando nome, apelidos e teléfono.

Podes consultar aquí o programa completo do Festival

Novas relacionadas

La Voz de Galicia: "Empieza el festival de magia de Ames"

El Correo Gallego: "Últimas entradas para los talleres del Festimax"

Últimas entradas para a XVI edición do Festival de Maxia de Ames “Festimax”

Multimedia

  • Últimas entradas para a XVI edición do Festival de Maxia de Ames “Festimax”
  • Últimas entradas para a XVI edición do Festival de Maxia de Ames “Festimax”