Pestanas principais

Últimos días para participar no concurso fotográfico LGTBIQ+ enmarcado na campaña “Ames a quen ames faino con orgullo”

Xoves, 20 de xuño de 2024

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, organiza a primeira edición do concurso fotográfico LGTBIQ+, que se enmarca dentro da campaña “Ames a quen ames faino con orgullo”. O obxectivo é a loita contra a discriminación e promover a igualdade e a diversidades con respecto á comunidade LGTBIQ+. O prazo de entrega das fotografía vai do 10 ao 24 de xuño. Permítese unha participación por persoa, que debe ser enviada xunto co seu número de teléfono, e os seus datos persoais ao enderezo de correo electrónico servizos_sociaisberta@concellodeames.org. A inscrición é gratuíta. Descarga as bases do certame fotográfico.

Con motivo da conmemoración o vindeiro 28 de xuño do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, o Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, organiza o concurso de fotografía LGTBIQ+, dentro da campaña “Ames a quen ames faino con orgullo”. O obxectivo é a loita contra a discriminación e promover a igualdade e a diversidade con respecto á comunidade LGTBIQ+.

Poden participar neste certame todas as persoas maiores de 18 anos, con independencia do seu lugar de orixe. As fotografías teñen que ser orixinais e inéditas, presentando cada participante dúas fotografías como máximo. Soamente se permitirá unha participación por persoa. A inscrición é gratuíta.

Os participantes aceptan as bases do concurso ao presentar as súas fotografías. As persoas participantes deberán presentar dúas fotografía máximo coa temática “Ames a quen ames faino con orgullo”.  Poden ser realizadas con calquera tipo de técnica e estilo. A resolución das fotos deberá ser como máximo de 2 ou 3 megas. O prazo para participar péchase o 24 de xuño.

A concelleira de Benestar Social, Uxía García, explica que “é a primeira vez que organizamos este concurso fotográfico dentro das actividades de conmemoración  do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+. Pareceunos boa idea implicar a toda a veciñanza na celebración deste día. Para iso teñen ata o 24 de xuño para enviar as súas fotografías”.

Presentación das obras
Permitirase unha participación por persoa, que deberá ser enviada xunto co seu número de teléfono, e os seus datos persoais ao enderezo de correo electrónico servizos_sociaisberta@concellodeames.org. As persoas participantes prestan o seu consentimento para que as composición enviadas sexan expostas na páxina web do Concello de Ames.

Do mesmo xeito, o Concello de Ames, resérvanse o dereito a elaborar unha galería fotográfica na páxina web coas composición que participen. As persoas participantes son os responsables das autorizacións pertinentes respecto das persoas que aparezan nas fotografías.

É imprescindible que as fotografías enviadas vaian identificadas cos datos do autor: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto (preferiblemente móbil), e o texto autorizo aos organizadores a difusión das fotografías enviadas segundo as bases do sorteo. O Concello de Ames non gardará nin utilizará os datos persoais de ningún dos participantes, salvo os necesarios para identificar a persoa premiada.

Limitacións técnicas
Non se aceptará imaxes que non reúnan un mínimo de calidade ou con contidos contrarios á legalidade vixente. As fotografías serán realizadas acorde ao dereito á propia imaxe, complementario ao dereito á intimidade. Este dereito garante a protección do que se consideran as cualidades definitorias dunha persoa: imaxe física, voz e nome.

As fotografía nas que aparezan persoas recoñecibles deberán ir acompañadas dunha carta firmada por ditas persoas autorizando o uso da súa imaxe. O Concello de Ames resérvanse o dereito de veto por se algunha imaxe fose contraria á legalidade ou se mostrasen a persoas en accións non apropiadas.

O 27 de xuño comunicarase o/a gañador/a do certame a través da páxina web do Concello e ao/a premiado/a a través dos datos de contacto facilitados. O día 28 de xuño despois da lectura do manifesto, o alcalde de Ames e a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Voluntariado entregarán o premio, deseñado para a ocasión.

Todas as persoas participantes outorgan ao Concello de Ames unha licencia suficiente sobre os dereitos de reprodución, publicación, distribución, transformación, comunicación pública e posta a disposición da súa obra. O/a participante manifesta e garante ser o único titular de tódolos dereitos de autor da fotografía que presenta ao sorteo e se responsabiliza totalmente de toda a reclamación fronte a terceiros derivada do incumprimento da citada garantía.

Últimos días para participar no concurso fotográfico LGTBIQ+ enmarcado na campaña “Ames a quen ames faino con orgullo”