Pestanas principais

Últimos días para solicitar as axudas da Xunta do II Plan de Rescate para autónomos e microempresas

Xoves, 11 de marzo de 2021

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, informa de que a Xunta de Galicia publicou unha liña de axudas para persoas autónomas e microempresas que se viron afectadas polas consecuencias económicas da Covid-19.  O prazo de presentación das solicitudes está aberto ata o venres 19 de marzo. O/as interesado/as deberán entregar a documentación de xeito telemático a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia.

A Concellaría de Promoción Económica informa de que está a rematar o prazo para solicitar as axudas do II Plan de Rescate que proporciona a Xunta de Galicia para persoas traballadoras autónomos e microempresas afectadas pola Covid-19.

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o vindeiro venres 19 de marzo de 2021. Para presentar a solicitude de axuda, o/as interesado/as facelo a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

As axudas concederanse por orde de entrada ata o esgotamento do crédito. Podes consultar a orde do DOG premendo nesta ligazón.

Para máis información, pódese consultar a páxina web da Oficina do Autónomo, acudir ás oficinas abertas de luns a venres, en horario de 08.00 a 18.00 horas ou enviando un correo electrónico á dirección promocioneconomica@concellodeames.gal. Tamén se atenderán as chamadas recibidas ao número 900 815 600.

cartel axudas