- Tematica
As/os usuarias/os dos obradoiros de música tradicional galega e musicoterapia, do programa Amessán, xunto coa concelleira de Benestar Social, Uxía García, visitaron a semana pasada a residencia Maiores Milladoiro, que abriu as súas portas no pasado mes de setembro, na Travesía da Moa. Tratouse dunha tarde de convivencia na que un grupo de 40 persoas de programa Amessán compartiron música e experiencias coas persoas maiores que residen no centro Maiores Milladoiro.
Un grupo de 40 maiores do programa Amessán do Concello de Ames achegáronse a semana pasada ata a residencia Maiores Milladoiro, para compartir unha tarde de música e experiencias coas persoas da residencia Maiores Milladoiro.
Deste xeito, as/os usuarias/os dos obradoiros de música tradicional galega e musicoterapia, do programa Amessán, xunto coa concelleira de Benestar Social, Uxía García, interpretaron e cantaron varias panxoliñas de Nadal. Concretamente fixeron varias actuacións os grupos de pandereteiras e mailo e guitarras.
A continuación, compartiron todos xuntos unha merenda. Dende o Concello convidouse a chocolate con churros e rosca ás persoas residentes, ao persoal da residencia, e aos usuarias/as e monitores/as do programa Amessán.
A concelleira de Benestar Social, Uxía García, destaca que “este tipo de actividades serven para coñecerse. É a primeira actividade que facemos coas persoas desta residencia, pero a idea é volver e manter un contacto fluído con eles, para facer máis actividades, xa que as persoas residentes agradecen este tipo de iniciativas porque para eles é algo diferente e que lles permite saír da súa rutina no centro. Nesta residencia hai veciños/as de Ames, que estivemos con eles/as, e nos agradeceron moito a nosa presencia e que lles leváramos unha pouco de diversión e ledicia”.