- Tematica
Arredor de 10 persoas de Ames, que no seu tempo libre se dedican a elaboración de alfombras florais, participaron esta pasada fin de semana no Encontro Internacional de Arte efémera, que se celebrou en Bueu os días 26, 27 e 28 de xullo. Tratouse dun evento de carácter internacional que reuniu delegacións de alfombristas de 6 países diferentes (India, Malta, Portugal, Italia, Alemaña e España). O título da alfombra de Ames, que tivo unhas dimensións de 8x4 metros, foi “Camiño de peregrinos”. Para a súa elaboración empregouse unha técnica mixta.
Un grupo de alfombristas de Ames, que no seu tempo libre se dedican a elaboración de alfombras florais, participaron por segundo ano consecutivo no Encontro Internacional de Arte efémera, que se celebrou en Bueu os días 26, 27 e 28 de xullo. Tratouse dun evento de carácter internacional que reuniu delegacións de alfombristas de 6 países diferentes -India, Malta, Portugal (2), Italia (3), Alemaña e España- na confección de alfombras ao redor do tema común "O camiño das estrelas ao seu paso por Bueu", cada cal coa súa proposta artística e de acordo ás súas tradicións.
Os deseños enmarcáronse na forma dun ánfora romana atopada en Bueu e empregada naqueles tempos para levar os produtos da salazón desta zona da península ibérica a outros moitos puntos de Europa, simbolizando así a conexión de Bueu co mundo a través destas rutas comerciais e culturais. Durante a noite do venres, 26 de xullo, todas as delegacións participantes despregaron a súa creatividade para elaborar as súas alfombras florais. Estas obras de arte efémero estiveron posteriormente expostas ao público os días 26 e 27, na praza Massó de Bueu.
O título da alfombra de Ames foi “Camiño de peregrinos”, xa que Ames é un dos poucos concellos galegos polo que discorren varios dos Camiños de peregrinación xacobea. Son dúas as rutas de peregrinación que discorren polo seu territorio: o Camiño Real de Santiago a Fisterra - Muxía e o Camiño Portugués.
A alfombra floral, que elaboraron as/os alfombristas de Ames, contou cunhas dimensión de aproximadamente 8x4 metros. Na imaxe da alfombra púidose ver a fachada da capela de San Xoanciño de Pousada e maila ponte romana de Augapesada, así como o logotipo do Concello de Ames. Para a súa elaboración empregouse unha técnica mixta.
Ligazóns:
El Correo Gallego: "Alfombristas de Ames participaron no Encontro de Arte efémera de Bueu"
Compostela 24 horas: "Alfombristas de Ames participaron no Encontro Internacional de Arte efémera, en Bueu"