[30-10-2014] O Concello de Ames conta dende o pasado mes de agosto con cinco novos peóns-xardineiros, que pasaron a formar parte da brigada municipal de obras. Ao Concello de Ames concedéronlle a contratación destes cinco peóns de xardinería durante sete meses e cunha xornada laboral do 75%. Na actualidade estas persoas están acondicionando as zonas verdes do polígono empresarial do Milladoiro.
Esta iniciativa enmárcase dentro da liña de subvencións para a contratación temporal por parte das Entidades Locais de persoas en situación de risco de exclusión social perceptoras da RISGA. Tras realizar a correspondente solicitude desta axuda ao Concello de Ames concedéronlle unha contía económica para que puidera contar con cinco peóns de xardinería durante sete meses e cunha xornada laboral do 75%. Estas cinco persoas forman parte da brigada municipal de obras do Concello de Ames durante sete meses. O seu contrato comezou o pasado 12 de agosto e estenderase ata o 11 de marzo de 2015.
Na actualidade estas persoas están traballando no polígono empresarial do Milladoiro. Primeiro estiveron desbrozando e limpando os arredores do campo de fútbol municipal desta localidade. Ademais, durante as vindeiras semanas van a desbrozar e acondicionar as áreas verdes que se atopan baixo as liñas de alta tensión do polígono empresarial. Os traballos que se desenvolverán inclúen o desbroce de elementos vexetais situados nestas áreas axardinadas entre os que destaca a poda de setos, palmeiras, plantas e arbustos. As tarefas de acondicionamento de zonas verdes tamén inclúen a limpeza de pavimentos e recorte de hedras.
Traballos realizados
Previamente, esta brigada estivo traballando noutros puntos do municipio. Deste xeito, limparon as beirarrúas e a área recreativa de Ventín; acondicionaron a carballeira e o lavadoiro da urbanización As Mimosas; limparon as zonas onde están instalados os quitamedos nas estradas de Biduído de Arriba e Tarrío; e realizaron labores de desbroce no paseo fluvial de Lapido. Estas persoas desenvolven tarefas propias de mantemento e coidado dos parques, xardíns e das zonas verdes do concello.
Este programa ten un custo de 66.117,80 euros. A parte subvencionada ascende a 49.588,35 euros, que representa o 75% do total do custo. Esta subvención está cofinanciada polo Fondo Social Europeo, dentro do programa operativo “Adaptabilidade e Emprego”.
Contido relacionado
La Voz de Galicia: "La brigada de obras amiense acondiciona zonas verdes en Millladoiro"