Pestanas principais

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia atenderá as doazóns de sangue os días 14 e 15 de marzo en Bertamiráns

Mércores, 13 de marzo de 2019

[13-03-2019] A Concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade informa á veciñanza amesá de que unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) acudirá este xoves 14 e venres, 15 de marzo, ata Bertamiráns. A unidade móbil de doazón estará aparcada na avenida da Maía (diante da praza da Maía), en horario de 15.30 a 21.00 horas. Lémbrase que se deberá acudir en posesión da tarxeta de doante ou do DNI ou un documento identificativo similar.

As recomendacións e requisitos existentes para as persoas doadoras pódense atopar premendo nas ligazóns do apartado de descargas deste aviso. Ademais, o Centro de Transfusión de Galicia publicou un vídeo no que se explica polo miúdo o proceso e que se pode ver premendo na seguinte ligazón https://www.youtube.com/watch?v=ONAx5Aor2JI.

Segundo indican dende o Centro de Transfusión de Galicia “as persoas que doan sangue son unha parte importante da sanidade. Están presentes nas intervencións cirúrxicas, cando se atende a persoas que sufriron un accidente de tráfico, cando se loita contra o cancro e a leucemia, cando se realiza un transplante de órganos... O sangue non se pode fabricar e só é posible obtelo coa doazón de persoas solidarias que axudan a outras a recuperar a súa saúde”.