Pestanas principais

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 10 de outubro en Bertamiráns

Sábado, 08 de outubro de 2022

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 10 de outubro en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario de mañá será de 9:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita, o número 900 100 828.

Teléfono de autocita para doar de xeito cómodo e seguro
Na situación actual, a Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes de sangue. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita para doar sangue de xeito cómodo e seguro, o número 900 100 828.

Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar hai que agardar dúas horas. Non esquezas traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. No caso de estar tomando algún medicamento hai que informar ao médico.

#sumateaonosoequipo
A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución.

Os hospitais galegos precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes. Todos os días o precisan moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos… Cada día, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 10 de outubro en Bertamiráns

Multimedia

  • A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 10 de outubro en Bertamiráns