Pestanas principais

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns, 18 de marzo, no Milladoiro

Venres, 15 de marzo de 2013

[15-03-2013] A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia achegarase este luns, 18 de marzo, ata a localidade do Milladoiro para que os veciños e veciñas amienses vaian doar sangue coa finalidade de axudar a garantir o labor asistencial dos centros sanitarios galegos. O autobús da unidade móbil de doazón estará situado na rúa Curuxa, ao lado do supermercado El Árbol, en horario de mañá, entre as 9:30 h. e as 14:30 horas, e de tarde, entre as 15:30 h. e as 21:00 horas.