Pestanas principais

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 26 de setembro no Milladoiro

Sábado, 24 de setembro de 2022

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 26 de setembro no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce coa avenida Rosalía de Castro. Estará en horario de tarde, de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita, o número 900 100 828.

Teléfono de autocita para doar de xeito cómodo e seguro
Na situación actual, a Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes de sangue. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita para doar sangue de xeito cómodo e seguro, o número 900 100 828.

Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar hai que agardar dúas horas. Non esquezas traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. No caso de estar tomando algún medicamento hai que informar ao médico.   

#sumateaonosoequipo
A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución.

Os hospitais galegos precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes. Todos os días o precisan moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos… Cada día, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Doazóns de sangue o luns pola tarde no Milladoiro"

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 26 de setembro no Milladoiro

Multimedia

  • A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 26 de setembro no Milladoiro