Pestanas principais

A unidade móbil de doazón de sangue estará este mércores e xoves 8 e 9 de setembro en Bertamiráns

Luns, 06 de setembro de 2021

A unidade móbil de doazón de sangue estará o mércores 8 e o xoves 9 de setembro en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario será de tarde o día 8, de 15.30 a 21.00 horas. O xoves 9 situarase no mesmo lugar en horario mañá e de tarde, de 09:30 a 14.30 horas e de 15.30 a 21.00 horas. Por mor da pandemia da Covid-19, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, é necesario solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828. 

Solicitude de cita previa para doar
Na situación actual, na que necesariamente debemos gardar certas prevencións sociais encamiñadas a preservar a saúde de todos, trabállase con cita previa para regular a afluencia de doadores, evitando esperas. A cita previa pódese solicitar chamando ao número de teléfono 900 100 828.

#sumateaonosoequipo
Dende 1985, a doazón de sangue por lei é un acto voluntario, altruísta, anónimo, universal e gratuíto. O sangue non se pode fabricar e so é posible obtelo grazas á doazón de persoas solidarias que axudan ás persoas enfermas a recuperar a saúde.

Os hospitais galegos precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes. Todos os días o precisan moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos… Cada día, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue.

Para máis información sobre a doazón de sangue e os requisitos de saúde para participar premer aquí . Tamén podes ver este vídeo no que se explica o proceso de doazón.

Doazón Bertamiráns

Multimedia

  • A unidade móbil de doazón de sangue estará este mércores e xoves 8 e 9 de setembro en Bertamiráns