- Tematica
A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) continúa co seu ciclo de actividades informativas sobre a reclamación dos gastos hipotecarios cos dúas charlas informativas, que se impartirán o xoves 7 de marzo na Casa da Cultura do Milladoiro, e o martes 12 de marzo no salón de plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns. As dúas sesións comezarán ás 20.00 horas. O obxectivo destas charlas informativas é animar ás persoas consumidoras a reclamar antes de que remate o prazo. Estas actividades enmárcanse no acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia.
No marco do convenio de colaboración entre a Union de Consumidores de Galicia e o Concello de Ames, os vindeiros días 7 e 12 de marzo impartiranse dúas charlas sobre a reclamación dos gastos hipotecarios. O xoves 7 de marzo será na Casa da Cultura do Milladoiro, e o martes 12 de marzo no salón de plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns. As dúas sesións comezarán ás 20.00 horas.
A actividade enmárcase no ciclo de actividades informativas que Unión de Consumidores de Galicia puxo en marcha no mes de febreiro para explicar ás persoas consumidoras, que aínda non o fixeron, como poden reclamar os gastos dos préstamos hipotecarios formalizados antes da entrada en vigor da Lei 5/2019, do 15 de marzo, reguladora dos contratos de crédito inmobiliario.
O obxectivo desta actividade é informar á cidadanía dos importes que poden reclamar, do prazo do que dispoñen, así como da documentación e procedemento que deben seguir para levar a diante a súa reclamación. A actividade é completamente libre e non é precisa a inscrición previa.
A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, sinala que “as charlas que imparten os técnicos e técnicas da Unión de Consumidores de Galicia son sobre temas de interese e actualidade. Neste caso faranse xuntanzas informativas sobre a reclamación dos gastos hipotecarios. Deste xeito, continúa o ciclo de charlas informativas da UCGAL despois de que no pasado mes de decembro se impartisen outras dúas charlas sobre comisións e custos bancarios, e acceso e funcionamento da banca electrónica”.
Servizo da UCGAL en Ames
Esta actividade enmárcase dentro do acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL). Asemade, é importante lembrar que os veciños e veciñas que queiran facer algunha consulta nas oficinas de consumo sobre este tema ou calquera outro, soliciten cita previa para dispor dos servizos que ofrece a Unión de Consumidores de Galicia, tanto en Bertamiráns coma no Milladoiro. Deste xeito poderán facer unha consulta personalizada e individual sobre cada caso en particular.
O persoal técnico da UCGAL atende ás persoas consumidoras do Milladoiro, nas instalacións da rúa Viorneira, número 6, baixo, os martes de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas. En Bertamiráns, as oficinas están situadas no Pazo da Peregrina e a atención ao público realízase os xoves de 10:00 a 14:00 horas, e de 16:30 a 20:30 horas. Para obter cita previa pódese chamar ao número de teléfono 662 13 03 12 ou enviar un correo electrónico ao enderezo info@consumidores.gal.