Pestanas principais

A Unión de Consumidores de Galicia imparte unha charla no Milladoiro para tratar de entender a factura da luz

Venres, 11 de novembro de 2022

A Unión de Consumidores de Galicia vai impartir o xoves, 17 de novembro, ás 20.00 horas, unha charla para tratar de entender a factura da luz. A charla impartirase na Casa dos Maiores do Milladoiro. Esta actividade enmárcase dentro do acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL). A través desta xornada facilitaráselle aos consumidores e usuarios amesáns unha mellor comprensión en materia de subministración eléctrica.

No marco do convenio de colaboración entre a Union de Consumidores de Galicia e o Concello de Ames, o próximo xoves 17 de novembro, ás 20.00 horas, vaise celebrar na Casa dos Maiores do Milladoiro unha charla que se denomina “Non quedes a escuras. Entende a factura da luz”.

A Unión de Consumidores de Galicia consciente da complicación que representa coñecer os mecanismos de funcionamento do sector eléctrico, pretende formar á cidadanía no eido da subministración eléctrica para garantir os seus dereitos como consumidores e axudarlles a entender e aforrar na factura da electricidade. Deste xeito, os asistentes poderán resolver as súas dúbidas sobre as distintas modalidades de contratación de electricidade, a potencia contratada e as tarifas da luz existentes.

Esta actividade formativa estará impartida por técnicos da Unión de Consumidores de Galicia e contan coa colaboración do Concello de Ames. A través desta xornada facilitaráselle aos consumidores e usuarios amesáns unha mellor comprensión en materia de subministración eléctrica.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, sinala que “as charlas que imparten os técnicos e técnicas da Unión de Consumidores de Galicia son sobre temas de interese e actualidade. Neste caso farase unha xuntanza informativa para axudarlle á veciñanza de Ames a entender a factura da luz. Animamos a cidadanía a que acudan a esta charla porque será de gran utilidade”.

Servizo da UCGAL en Ames
Esta actividade enmárcase dentro do acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL). Asemade é importante lembrar que os veciños e veciñas que queiran facer algunha consulta nas oficinas de consumo sobre este tema ou calquera outro, soliciten cita previa para dispor dos servizos que ofrece a Unión de Consumidores de Galicia tanto en Bertamiráns coma no Milladoiro. Así poderán facer unha consulta personalizada e individual sobre cada caso en particular.

O persoal técnico da UCGAL atende ás persoas consumidoras do Milladoiro, nas instalacións da rúa Viorneira, número 6, baixo, os martes de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas. En Bertamiráns, as oficinas están situadas no Pazo da Peregrina e a atención ao público realízase os xoves de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas. Para obter cita previa pódese chamar ao número de teléfono 662 13 03 12 ou enviar un correo electrónico ao enderezo info@consumidores.gal.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Todo lo que usted siempre quiso saber de su recibo de la luz, a su alcance y gratis"

A Unión de Consumidores de Galicia imparte unha charla no Milladoiro para tratar de entender a factura da luz

Multimedia

  • A Unión de Consumidores de Galicia imparte unha charla no Milladoiro para tratar de entender a factura da luz