[07-12-2013] As localidades de Bertamiráns e do Milladoiro acollerán durante o sábado 14 e o domingo 15 de decembro, respectivamente, un festival de maxia que está dirixido a todos os públicos. Esta actividade, que está organizada pola Concellaría de Cultura, intenta achegar á cidadanía amiense o espectacular mundo dos magos. Os ilusionistas intentarán sorprender a todos os amienses e amiensas con diferentes trucos e obradoiros de maxia. As actividades desenvolveranse nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro, así como nas carpas que estarán instaladas na praza da Maía, situada en Bertamiráns, e na praza de Manuel Murguía, situada no Milladoiro. Tamén haberá obradoiros de maxia para os nenos/as de 8 a 14 anos e sesións de maxia de preto nalgúns bares de Bertamiráns e do Milladoiro. A reserva de entradas para asistir á Gala Máxica poderase facer entre o 9 e 13 de decembro a través do teléfono 981 53 59 40 ou enviando un correo electrónico ao enderezo cultura.milladoiro@concellodeames.org.
Un ano máis o Concello de Ames organiza unha nova edición do Festival de Maxia que se desenvolverá durante os días 14 e 15 de decembro nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro, respectivamente. Nesta edición serán cinco magos nacionais e internacionais os que creen ilusión nos amienses. Obradoiros, as sesións de maxia de preto nos bares, a carpa do misterio, que estará instalada nas prazas da Maía e de Manuel Murguía, e a Gala máxica compoñen o programa deste ano.
A programación de actividades do festival comezará o sábado, 14 de decembro, en Bertamiráns e repetiranse o domingo 15 no Milladoiro. Os dous días entre ás 11:00 h e as 12:30 horas haberá un obradoiro de maxia, que está dirixido aos rapaces e rapazas de 8 a 14 anos. Para participar nesta actividade é preciso estar inscrito. Todos os nenos e nenas deben chamar ao número de teléfono 981 535 940, entre os días 9 e 13 de decembro, en horario de 9:00 h a 14:00 horas. Para este obradoiro ofértanse un total de 50 prazas (25 para Bertamiráns e 25 para O Milladoiro). Ambos os dous obradoiros desenvolveranse nas Casas da Cultura do Milladoiro e de Bertamiráns.
Maxia de Preto
Despois deste obradoiro os espectáculos de maxia continuarán, pero esta vez desenvolveranse nos bares de Ames. A Concellaría de Cultura, en colaboración coa Concellaría de Comercio e Promoción Económica, organizaron o programa Maxia de Preto, no que, os días 14 e 15 de decembro, desenvolveranse unha serie de pequenas actuacións e xogos de maxia nalgúns establecementos hostaleiros de Bertamiráns e do Milladoiro. Deste xeito, o sábado 14 de decembro, haberá sesións de maxia nos bares In Vino Veritas, Don Budi e Coffee (situados en Bertamiráns), en horario de 13:00 a 14:30 horas, mentres que o domingo 15 haberá sesións de maxia nos bares Gallaecia, San Sport e Talladas (situados no Milladoiro), tamén en horario de 13:00 a 14:30 horas.
Xa pola tarde, entre as 16:30 h e as 18:00 horas, a maxia toma as rúas de Bertamiráns e do Milladoiro. A Carpa do Misterio está pensada para que as persoas de todas as idades poidan asistir a este espectáculo. Faranse pases cada 30 minutos, polo que ao longo da tarde haberá tres sesións de maxia. A Carpa do Misterio estará instalada na praza da Maía, situada en Bertamiráns, e na praza de Manuel Murguía, situada no Milladoiro.
Gala máxica
A actividade estrela realizarase ás 18:30 horas nos auditorios das casas da cultura das dúas localidades amienses, coa celebración da Gala máxica, que estará presentada polo mago Karim. Este espectáculo contará coa participación de Juan Mayoral, Huang Zheng, Dani Polo e o Mago Sun. Este espectáculo está dirixido a todos os públicos.
As entradas para asistir á Gala Máxica teñen un prezo de 2 euros para os maiores de 12 anos. Haberá un desconto do 50 por cento para os menores de 12 anos, estudantes con carné e maiores de 65 anos. As entradas pódense reservar entre o 9 e o 13 de decembro a través do teléfono 981 535 940 ou enviando un correo electrónico a cultura.milladoiro@concellodeames.org. As entradas reservadas terán que recollerse o día da función en taquilla 30 minutos antes do comezo da gala. Os billetes que non se recollan nese horario venderanse a partir das 18:00 horas. Despacharanse un máximo de 4 entradas por persoa. O aforo dos auditorios é limitado. No auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns hai 216 butacas, mentres que no do Milladoiro existen de 146 butacas.
Contido relacionado
La Voz de Galicia: "Cinco magos participan en el festival de Ames, que incluye pases callejeros"
El Correo Gallego: "Ames acolle o VIII Festival de Maxia a partir da próxima semana"