Pestanas principais

Volve a Primavera lúdica

Martes, 19 de abril de 2011

[19-04-2011] As vacacións de Semana Santa son unhas datas que lle gustan sempre moito aos máis pequenos, pero nas que moitas veces os seus pais e nais atopan máis problemas para compaxinar o coidado destes coa vida laboral. Por iso, como cada ano, o departamento de Educación pon en marcha a Primavera lúdica co obxectivo de entreter aos cativos/as, mentres os seus pais se atopan nos seus postos de traballo. O programa desenvólvese os días 18, 19, 20 e 25 de abril. Nesta edición da Primavera lúdica participan 135 nenos e nenas de todo o concello repartidos entre Bertamiráns e O Milladoiro.

A Primavera lúdica regresa unha edición máis a Ames para ofrecerlle aos cativos e ás familias amienses os seus servizos. O programa asegúralle aos nenos/as horas de entretemento instrutivo e lúdico, mentres os pais/nais se atopan no seu posto de traballo, tentando facer máis doada nas datas das vacacións de Semana Santa a conciliación entre o coidado dos nenos/as e a vida laboral. Deste xeito fanse máis fáciles unhas datas xeralmente complicadas para os pais, que non tiñan onde deixar aos seus fillos entretidos e coidados mentres ían traballar. Nesta edición da Primavera lúdica participan 135 nenos e nenas de todo o concello repartidos entre Bertamiráns e O Milladoiro.

Este programa está dirixido aos nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e primaria e que están empadroados no concello de Ames. Con este servizo preténdese ofertar unha alternativa que, ademais de ocupar o tempo de lecer dun xeito divertido e educativo no tempo de vacacións escolares, permita ás nais e pais conciliar a vida laboral e familiar. Como o resto de programas lúdicos levados a cabo polo Concello de Ames nos últimos anos, busca ao mesmo tempo a diversión dos rapaces no seu tempo de vacacións e a conciliación da vida laboral e familiar dos seus pais. Estas actividades realizaranse durante os días 18, 19, 20 e 25 de abril, en horario de 07:30 h. e as 16:00 horas.

Bertamiráns

En Bertamiráns participan 49 nenos e nenas. As actividades desenvólvense para todos os cativos/as e durante todos os horarios no IES de Ames. A recepción dos nenos e nenas faise no IES de Ames entre as 9:00 h. e as 10:00 h. e a recollida é ata as 14:30 horas.

As actividades céntranse en diversos temas acordes coas datas nas que nos atopamos como son a Pascua, o Día do Libro ou a propia primavera. Deste xeito os contacontos, obradoiros e demais actividades que se realicen xirarán arredor destes temas, habendo mesmo para un dos días unha cesta con ovos de Pascua.

O servizo de comedor habilitarase para todos os nenos entre as 14:00 h. e as 16:00 horas. Así os nenos e nenas que queden a comer deberán ser recollidos neste centro antes das 16:00 horas.

Milladoiro

No Milladoiro participan na Primavera Lúdica 86 nenos e nenas, divididos entre a Escola Infantil (onde se atopan os nenos e nenas entre tres e cinco anos) e a Casa da Cultura (nestas dependencias están os nenos/as de entre 6 e 12 anos). Na primeira xornada deste programa, os máis pequenos aprenderon diversos aspectos sobre a vida e a obra do pintor Kandinsky. Esta actividade intenta que os nenos/as se familiaricen coa arte, o obxectivo común do programa de Primavera lúdica no Milladoiro.

Os nenos entre 6 e 12 anos traballarán con diversos materiais ao longo dos días da Primavera lúdica para elaborar as súas propias obras de arte seguindo o modelo de pintores como Miró. Así, os nenos/as aprenderán a pintar con acuarela, con area e con contas de cores. O último luns participarán nunha xincana coa mesma temática.

Ao igual que en Bertamiráns, o servizo de comedor habilitarase para todos os nenos entre as 14:00 h. e as 16:00 horas. Así os nenos e nenas que queden a comer deberán ser recollidos antes das 16:00 horas.

No programa Primavera lúdica participan moitos nenos e nenas doutras edicións e doutros programas semellantes do Concello coma o Nadal Lúdico. Isto amosa a aceptación e éxito deste tipo de iniciativas tanto entre os nenos/as, que poden divertirse e aprender durante uns días, coma para os pais, que dispoñen deste servizo que en datas de vacacións lles axuda a poder manter coidados aos seus fillos mentres traballan.

A nova noutros medios dixitais:

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "En Ames concilian, juegan y aprenden"