Pestanas principais

Vota polo mellor monólogo do Concurso Radiofónico de Teatro Lido de Ames, Desata a Lingua!!!

Venres, 07 de novembro de 2014

[07-11-2014] Dende o 10 ata o 20 de novembro podes votar polo mellor monólogo presentado ao Concurso de Teatro Lido de Ames, Desata a Lingua! Estes textos xa se poden escoitar en Ames Radio dende o día 3 de novembro, en horario de 13:30 h a 14:30 h e de 22:00 h a 23:00 horas, de luns a venres ata o próximo 20 de novembro. Nesta edición, como novidade, optouse polo formato de monólogo, en consonancia coa programación cultural do concello. Este ano presentáronse 11 grupos de rapaces e rapazas do IES de Ames, do IES do Milladoiro e do Colexio Alca. Os textos están escritos e locutados en lingua galega. A temática foi libre, aínda que se valora que estea relacionada con algún tema de actualidade. Repartiranse un total de 600 euros en tres premios dotados con 200 euros cada un. As votacións do público realizaranse enviando un e-mail ao correo radioteatro@concellodeames.org ou chamando ao teléfono 981 890 452. Premendo nos enlaces que están ao pé deste aviso poderás escoitar os monólogos deste concurso.


Por parte do IES de Ames presentáronse tres obras: O himno, interpretada por Uxía González Fernández e con guión de Carmen Castro Valledor e Elisabeth Prieto Martínez; Así vai España, interpretada por Luis Miguel Boquete Panzuela, axudado no guión por Aarón Casal Núñez; e Mamá, vou ser ecoloxista, con guión e interpretación a cargo de Javier Vila Besada.

O Colexio Alca, pola súa banda, achegou dúas obras: A maquillaxe, interpretada por Araceli Gil Pubul e con guión de Catalina González Bermúdez; e Monólogo, peza interpretada por Antón Pérez Muiña con guión de Claudia Souto Somoza.

A maior representación desta edición do Concurso radiofónico de Teatro Lido de Ames correu a cargo do IES do Milladoiro, cun total de seis pezas: Todo e nada, con guión de Paula Casqueiro Bañobre e interpretación de Alba López Portabales; Cousas da vida, interpretada por Rosalía Cid Tarrío e guión a cargo de Camila Caffarelli Popowicz; A viaxe de Xiomara, coa interpretación de Xiomara Saenz Hurtado e guión a cargo de Luzia Pardo Abuín e Alicia Fernández González; A regularidade, interpretada por Daniel Iglesias Duro con guión de Jorge Expósito Patiño e Daniel Expósito Patiño; O camiño, coa interpretación de Anxo Gondelle Pulleiro e guión de Jorge Domínguez Pavón e Guillermo Lourido Torres; e Tarxetas negras, con guión de Sabela Cancela Negreira e interpretación de Lidia Comba Abeledo.

Votación da audiencia
A audiencia da radio municipal escollerá entre os monólogos emitidos o que obterá o premio do público. A votación realizarase entre o 10 e o 20 de novembro (incluídos) a través do correo electrónico radioteatro@concellodeames.org ou do teléfono 981 890 452. Os/as votantes terán que identificarse e só se computará un voto por persoa. Deste xeito, preténdese implicar a toda a cidadanía nesta actividade.