Pestanas principais

Xa está aberta a matrícula para participar na Escola integral de maiores que se imparte en Bertamiráns

Mércores, 12 de febreiro de 2025

O prazo de matrícula na Escola integral de maiores de Bertamiráns, coordinada pola OVA e dependente da Concellaría de Benestar Social, xa está aberto. As persoas maiores de 60 anos que queiran participar desta actividade deberán inscribirse chamando ao teléfono 662 377 044, a través do correo enviar un correo ao enderezo voluntariado@concellodeames.gal  ou acudir á Oficina de Voluntariado, na Casa da Cultura de Bertamiráns, de 10:00 a 13:00 horas. Nestas clases o alumnado adquirirá e repasará coñecementos como a lectura, a escritura ou as contas matemáticas básicas dun xeito dinámico. As clases comezarán no vindeiro 17 de febreiro e rematarán a finais de xuño.

As persoas interesadas en participar na Escola integral de maiores de Bertamiráns xa se poden inscribir. As clases impartiranse os luns e mércores pola mañá de 12:00 a 13:00 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns.

Para reservar praza ou solicitar máis información, as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 662 377 044, enviar un correo ao enderezo voluntariado@concellodeames.gal  ou acudindo ás Oficina de Voluntariado, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, en horario de 10:00 a 13:00 horas. Hai 12 prazas dispoñibles.

A Escola integral de maiores é un espazo para aprender, divertirse e compartir no que se ofrecen clases para todas aquelas persoas de Ames que non tiveron oportunidade de continuar a súa educación básica. Os dous mestres voluntarios repasarán co alumnado a lectura e comentario de textos, a escritura ou conceptos matemáticos sinxelos. Ambos teñen experiencia na materia.

A poesía ou a música, un chisco de historia ou xeografía tamén serán temas a tratar nas clases, que se complementarán con charlas ou saídas. O curso rematará cun acto a finais do mes de xuño nun dos centros socioculturais que preparará o propio alumnado, ao que se lle entregará un diploma acreditativo.

Xa está aberta a matrícula para participar na Escola integral de maiores que se imparte en Bertamiráns

Multimedia

  • Xa está aberta a matrícula para participar na Escola integral de maiores que se imparte en Bertamiráns