Pestanas principais

Xa está aberto o prazo de inscrición do curso de iniciación ao inglés para maiores, que se impartirá no Milladoiro

Xoves, 30 de xaneiro de 2025

O Concello de Ames, a través da Oficina de Voluntariado, organiza un novo curso de inglés básico para maiores. O curso desenvolverase por primeira vez no Milladoiro e está dirixido para persoas maiores que non teñan ningún tipo de formación en lingua inglesa. As clases comezarán este vindeiro 12 de febreiro e serán impartidas por unha profesora voluntaria. Serán os mércores e venres, en horario de 16.00 a 17.00 horas no Local Municipal situado na Rúa Agro do Medio n.º 8 (Antigo Centro de Saúde). Ofértanse un total de 12 prazas, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. Para participar, hai que enviar un correo electrónico ao enderezo voluntariado@concellodeames.gal ou a través do teléfono 662 377 044.

A Oficina de Voluntariado de Ames (OVA) organiza unha nova edición do curso de inglés básico, desta volta, tras a boa acollida en edicións anteriores, no Milladoiro. O obxectivo deste curso é ofrecerlle a posibilidade de aprender as pautas básicas para desenvolverse nesta lingua a nivel escrito e oral ás persoas maiores que non tiveron contacto previo con ella.

As  clases comezarán este vindeiro 12 de febreiro e desenvolveranse ata o mes de xuño, os mércores e venres en horario de 16.00 a 17.00 horas, no Local Municipal situado na Rúa Agro do Medio nº8 (Antigo Centro de Saúde). O curso é gratuíto e estará impartido por unha profesora voluntaria.  

O prazo para apuntarse xa está aberto, hai 12 prazas dispoñibles que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. As persoas interesadas en participar, deberán enviar un correo electrónico ao enderezo voluntariado@concellodeames.gal ou chamando ao número de teléfono 662 377 044.

Xa está aberto o prazo de inscrición do curso de iniciación ao inglés para maiores, que se impartirá no Milladoiro

Multimedia

  • Xa está aberto o prazo de inscrición do curso de iniciación ao inglés para maiores, que se impartirá no Milladoiro