- Tematica
O programa Apego continúa co seu programa de actividades coa sesión de contos con música “Lúa Triangular. Nada é imposible”, de Jara Ortiz, que vai ter lugar na Casa da Cultura do Milladoiro o venres 8 de marzo, ás 18:00 horas. Os/as interesados/as en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal desde hoxe e ata o 7 de marzo, no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o primeiro semestre do 2024 pode consultarse premendo nesta ligazón.
Hoxe, 1 de marzo, abre o prazo de inscrición para a actividade “Lúa Triangular. Nada é imposible”, unha sesión de contos que mestura música, teatro e humor. Nela proponse unha viaxe activa e creativa ao País dos Contos para vivir aventuras que transformarán o mundo nun lugar mellor, máis diverso e máis xusto, no que todas e todos teñamos os mesmos dereitos.
Esta actividade realizarase na Casa da Cultura do Milladoiro o venres 8 de marzo, ás 18.00 horas. Está dirixido a familias con crianzas a partir de 3 anos. É unha actividade de balde pero é preciso inscribirse canto antes.
As persoas interesadas en inscribirse só teñen que enviar un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, teléfono de contacto e idade das crianzas que vaian participar. O prazo para anotarse está aberto dende hoxe ata o vindeiro 7 de marzo. As prazas asignaranse respectando a orde de recepción das solicitudes, e non se admitirán inscricións fóra do período de inscricións.